Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Docentes da Escola de Música de Goián explican esta semana as súas experiencias a colegas europeos

A iniciativa forma parte do proxecto impulsado polos concellos de Tomiño e Paredes de Coura para promover a formación en valores a través da música

A iniciativa forma parte do proxecto impulsado polos concellos de Tomiño e Paredes de Coura para promover a formación en valores a través da música

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Play2 Grow!, o proxecto Erasmus compartido polos Concellos de Paredes de Coura e Tomiño coa Fondazione Maria Ida Viglino per la Cultura Musicale de Aosta (Italia), organiza nesta semana un intercambio de experiencias didácticas entre docentes de diferentes entidades musicais.

 

Entre o luns 16 e o venres 20 de novembro, serán analizadas doce iniciativas consideradas boas prácticas para a transmisión de valores e habilidades a través da música. A Escola de Música de Goián presentará os seus campamentos musicais e as súas iniciativas de promoción da inclusión. Seis docentes, encabezados polo director da Banda de Música, Pedro Villarroel explicarán a outros colegas europeos estas experiencias de divulgación da música entre a xente máis nova e diferentes sectores da sociedade.

 

No encontro formativo, que se desenvolverá a través de Internet debido ás circunstancias da crise sanitaria da COVID19, participan tamén a Escola de Rock de Paredes de Coura; a Fondazione María Ida Viglino per la cultura musicale; Son de Seu, a experiencia de música Folk de Rodrigo Romaní; Sol Music Network, unha rede global de produción e promoción musical; os Estudos Mans da Fundación Paideia; o estudo Bonobó ou A música da reciclaxe, unha iniciativa de Ecoembes.

 

O proxecto Play to Grow https://play2grow.eu, iniciado a finais de 2019, continuará ata o verán de  2021 desenvolvendo achegas en canto a metodoloxía e formación curricular por medio do Play2 Grow HUB, unha ferramenta de intercambio de coñecementos colaborativos para a aprendizaxe e a interacción en habilidades chave a través da música:. No verán de 2021 celebraranse en Paredes de Coura e Tomiño senllos encontros entre alumnado das escolas participantes.

 

Pódese consultar o programa completo en: https://play2grow.eu/2020/11/13/train-the-trainers-event-online-from-16th-to-20th-of-november/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí