Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Dous días de convivencia e intercambio cultural, proposta das treboadas de Tomiño e Cerveira para o Orzamento Participativo

A actividade -Sabores da Aldeia e Sons das Treboadas Transfronteirizas- busca tamén preservar a riqueza gastronómica, musical, etnográfica e artesanal das dúas localidades

A actividade -Sabores da Aldeia e Sons das Treboadas Transfronteirizas- busca tamén preservar a riqueza gastronómica, musical, etnográfica e artesanal das dúas localidades

Fecha: 17 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Promover o intercambio cultural e turístico "entre dous concellos veciños e amigos" como son Cerveira e Tomiño. Ese é o obxectivo da iniciativa ‘Sabores da Aldeia e Sons das Treboadas Transfronteirizas', a proposta feita pola Asociación Treboada Baixo Miño e pola Asociación Cultural e Recreativa Bombos S. Tiago de Sopo para a segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo.

Con esta iniciativa os promotores buscan realizar "un encontro entre treboadas de Galicia e Portugal durante toda unha fin de semana nos que tocar a nosa música, ter postos propios e contar artesáns coa intención de atraer a canta máis xente mellor", salienta Rubén Regueiro, da Asociación Treboada Baixo Miño.

Para promover este intercambio cultural e turístico á vez que se divulga e preserva a riqueza gastronómica, musical, etnográfica e artesanal de ambas as dúas localidades farase un encontro de bombos e treboadas para animar o evento, montar ‘tasquinhas' tradicionais, ‘barraquinhas' con produtos artesanais e espazos de produtos rexionais, así como facer una exposición de instrumentos musicais tradicionais e unha demostración da utilización da ‘Gaita de Foles'. O evento celebraríase o fin de semana do 26 e 27 de maio, o sábado no centro de Cerveira por ser alí feira e o domingo no concello de Tomiño.

É a primeira vez que a Asociación Treboada Baixo Miño presenta algunha iniciativa para desenvolver de forma conxunta entre Tomiño e Cerveira ao abeiro do Orzamento Participativo, pero non será a última. "Se este ano non sae a nosa proposta seguiremos intentándoo en vindeiras edicións e traballando para mellorala. Se sae non descartamos seguir propoñendo actividades", asegura.

Votación
Ata o vindeiro 20 de febreiro todos aqueles veciños e veciñas de Tomiño e Cerveira que aparezan rexistrados no censo electoral poderán exercer o seu dereito a voto para esta segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo, unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal incluída na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Para votar só é necesario entrar na páxina web www.participacerveiratomino.eu , encher o formulario cos datos persoais, premer en ‘Participa', seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. Deberá sinalar ademais se está empadroado en Tomiño ou Cerveira e engadir un enderezo electrónico. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do centro electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguro posible.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones