Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Douscentos estudantes da ESO de Tomiño coñecen a dobraxe da man de actores galegos especializados

A actividade, organizada polo Concello de Tomiño, forma parte do programa de Normalización Lingüística

A actividade, organizada polo Concello de Tomiño, forma parte do programa de Normalización Lingüística

Fecha: 14 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Preto de dous centenares dos cursos de 1º e 3º de ESO, do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, veñen de vivir unha experiencia moi especial. Trátase dun Obradoiro de Dobraxe, impartido polos actores galegos Suso Pando e Manuel Pombal (dous dos membros do grupo Fulano, Mengano e Citano).

A actividade, enmarcada dentro do programa do Departamento de Normalización Lingüística, ten coma obxectivo achegar aos mozos e mozas ao proceso de dobraxe, amosándolles que o idioma galego ten riqueza suficiente coma para transmitir unha mensaxe de interese.

Foron catro días de obradoiros, polos que pasaron todos os primeiros e terceiros cursos de ESO, entre o 21 e o 24 do mes pasado. Era a primeira vez, para case todo o alumnado, de tomar contacto cun estudo profesional de dobraxe e participar, coas súas propias voces, na gravación dunha escena.

Tamén para os dous actores veteranos, era a primeira vez que traballaban con estudantes de Secundaria. "Tentamos explicarlles o proceso completo de dobraxe dunha forma teatral", explica Suso Pando. Logo da explicación, os actores proxectan unha escena dunha coñecida película de vampiros, en xaponés para máis inri.

A continuación, cámbiase a letra orixinal por outra humorística, en galego, e divídese a clase en tres grupos, para que ensaien as frases que lles tocou a cada un. Tras os ensaios, so resta animarse a ser actor ou actriz de dobraxe por un día, e prestar a voz para representar un personaxe. Por último chega o mellor momento: ver de novo a escena dobrada, e recoñecerse entre risas e sorpresas. Laura Santos e Suria Guerreiro (3ºD), son dous das alumnas participantes, que confesan ao final do taller, que lles gustaría aprender máis sobre o tema.

Sandra González, a alcaldesa, salienta o traballo realizado no obradoiro e agradece a colaboración da dirección e alumnado do IES Antón Alonso Ríos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones