Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

É Aprender inicia as reunións trimestrais coas familias do alumnado, principal novidade da quinta edición en Tomiño

Este curso 58 nenos e nenas inscribíronse neste programa que achega apoio psicopedagóxico ao alumnado do concello de Tomiño

Este curso 58 nenos e nenas inscribíronse neste programa que achega apoio psicopedagóxico ao alumnado do concello de Tomiño

Fecha: 03 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Mellorar as capacidades, habilidades e rendemento escolar do alumnado implicando a todos os axentes relacionados coa educación dos rapaces e rapazas, dende as familias ata o centro escolar, pasando polos Servizos Sociais municipais en caso de ser necesario. Ese é o obxectivo do programa É Aprender do Concello de Tomiño, que chega este ano á súa quinta edición cunha gran aceptación por parte dos tomiñeses e tomiñesas e cunha novidade importante: reunións trimestrais individuais coas familias.

Tras o remate do primeiro trimestre e durante os vindeiros días, a educadora social, a psicóloga e a mestra que conforman o equipo do É Aprender reúnense coas familias dos e das participantes no programa para facer unha avaliación de cada alumno e alumna, o que permite  "unha atención individualizada adaptada ás necesidades de cada neno e nena e que o programa lle sexa moito máis útil aos rapaces e rapazas", asegura a educadora social e coordinadora Blanca Fernández. Xunto a ela nesas xuntanzas coas familias, participan a psicóloga e tamén coordinadora Andrea Iglesias e a mestra Silvia Villanueva.

Reunións de avaliación

Nestas reunións de aproximadamente media hora as tres profesionais avalían xunto coas familias a actitude no rapaz ou rapaza e o seu traballo en equipo, así como aqueles aspectos nos que hai que seguir traballando para mellorar. "Os pais e nais ven como vai na casa e entre todos analizamos onde é preciso que haxa máis reforzo ou se é preciso traballar o comportamento e darlle ás familias as ferramentas necesarias para evolucionar neste aspecto", recalca Fernández.

Ademais, estas reunións permiten "ter un feedback" e unha visión xeral do alumno ou alumna, que "non sempre desempeña o mesmo rol no colexio que en casa". Estas xuntanzas complétanse cunha posta en común cos outros dous axentes implicados na educación dos menores, os centros escolares e os Servizos Sociais municipais naqueles casos que veñan derivados do programa de educación familiar municipal. "Non temos unha escola de pais e nais propiamente dita, así que este é un modo de coordinar a todos aos axentes implicados á vez que se lle dan aos pais e nais ferramentas para traballar a educación dos rapaces e rapazas na casa", salientan as expertas.

Un 20% máis de inscritos

Este curso 2017/2018 inscribíronse no programa 58 nenos e nenas, un 20% máis que na edición anterior. A pesar desta cifra, polo momento están participando no É Aprender 56 nenos e nenas, xa que dous dos inscritos son de Tebra, onde non se puido chegar a conformar grupo por ser as únicas inscricións, e que non poden desprazarse e sumarse ao grupo doutra parroquia.

Fronte aos seis grupos do ano pasado, nesta edición organizáronse oito grupos en seis parroquias diferentes distribuídos da seguinte forma: na parroquia de Currás hai un grupo de Primaria con 9 nenos e nenas; na de Piñeiro un de Secundaria con 5 mozos e mozas e nas de Barrantes e Estás un grupo de Primaria e Secundaria simultáneo, con 8 e 5 rapaces e rapazas respectivamente. Pola súa banda, en Tomiño e Goián hai grupo de Primaria e Secundaria diferenciados, con 5 e 7 nenos e nenas na primeira parroquia e con 12 e 5 na segunda.

As cifras deste ano melloraron significativamente dende o curso pasado, xa que incrementouse en máis dun 39,2% o número de participantes iniciais, pasando de 46 no curso 2016/2017 a 56 no actual. Ao final do curso pasado había 38 nenos e nenas participando no É Aprender, xa que se deron 12 altas máis ao longo do ano, pero tamén se tramitaron 8 baixas.

Prazo de inscrición aberto

O prazo de inscrición para participar neste programa non pecha, polo que as cifras de participantes poderán incrementarse ao longo de todo o curso. O É Aprender vai dirixido a mozos e mozas dende 5º de Primaria a 2º da ESO e ao alumnado de FP básica censados en Tomiño.

Todas e todos os interesados en participar no programa poden facelo enchendo o formulario de inscrición e entregalo fisicamente en Servicios Sociais e Cultura, no Concello ou nos propios centros educativos ou envialo de xeito electrónico a aprender.tomino@gmail.com.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones