Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Economía destina 133.000 euros á creación de espazos de emprendemento comercial e melloras de Praza de Abastos Baixo Miño

Grazas a esta colaboración mellorouse a praza de abastos de Tomiño

Grazas a esta colaboración mellorouse a praza de abastos de Tomiño

Fecha: 04 de Enero de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou na mañá deste martes os dous millóns de euros destinados a potenciación do comercio local e das prazas de abastos da provincia destacando os 133.000 euros destinados a este fin na comarca do Baixo Miño.

Grazas a estas subvencións, tal e como destacou Cores Tourís, mellorouse a praza de abastos de Tomiño e recibiron axudas específicas para comerciantes e prazas de abastos as asociacións dos concellos de Tui, a Guarda e Tomiño.

A nivel provincial, destacar os 244.000 euros destinados á subvencións aos concellos para a creación de espazos de emprendemento comercial, os 600.000 euros destinas a axudas para a revitalización do comercio de proximidade e potenciación dunha rede galegade mercados de abastos excelentes así como as subvencións ás asociacións de comerciantes e de prazas de abastos ás que se destinaron 1,1 millón de euros.

O delegado territorial destacou que as empresas dedicadas ao sector comercio en Galicia superan as 46.600, "o 35% delas atópanse na provincia de Pontevedra. Non podemos esquecer que o comercio de Galicia é unha das nosas maiores fontes de riqueza e cohesión social, de aí a súa importancia, non só para a economía senón tamén dende o punto de vista social e urbano".
Tal e como recordou José Manuel Cores Tourís, noconxunto da Unión Europea, o comercio achega un 11% ao Produto Interior Bruto e preto do 15% do emprego. "En Galicia, o peso do Comercio na economía é superior, alcanzando o 11,4%1 do PIB total e achegando en torno ao 17%2 do emprego. De feito, somos a quinta comunidade autónoma que máis persoas emprega no sector do Comercio", engadiu.
Neste senso, a Consellería de Economía e Industria, consciente da importancia social e económica do comercio galego, segue apostando por un sector forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado. "Ésta é a razón da posta en marcha do presente Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio Galego 2015-2020, cuxo obxectivo fundamental é o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector, e que ten entre os seus obxectivos o apoio á creación de empresas comerciais, co fin de impulsar as novas ideas, a competitividade e o emprendemento".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí