Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Economía destina case 25.000 euros para a contratación de 4 desempregados en 2 concellos rurais do Baixo Miño

A través desta iniciativa, a Xunta pretende fomentar o emprego en concellos rurais de menos de 10.000 habitantes, véndose beneficiados nesta comarca os municipios de Oia e O Rosal

Estas axudas forman parte do programa Aprol Rural que ten como obxectivo a contratación a tempo completo de persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social

Fecha: 27 de Octubre de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina case 25.000 euros á contratación de 4 desempregados en 2 concellos rurais do Baixo Miño a través do programa Aprol Rural, o que permitirá a contratación a tempo completo de persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

Esta iniciativa beneficiará no Baixo Miño aos concellos de Oia e O Rosal. Estas axudas van dirixidas, en concreto, a entidades locais emprazadas no medio rural, cuxa poboación sexa igual ou inferior aos 10.000 habitantes, para a contratación a tempo completo de persoas sen emprego de cara a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

Na provincia de Pontevedra beneficiaranse un total de 25 concellos, cunha aportación autonómica de 541.789,2 euros. A contía da subvención que percibirán as entidades locais será, a efectos salariais, a equivalente ao 80% dos custos salariais totais. Os concellos terán ata o 10 de novembro de prazo para contratar a estes traballadores, tendo en conta que a lo menos a metade dos mesmos terán que ser mulleres e persoas menores de 30 anos, de cara a incentivar o emprego entre os colectivos máis desfavorecidos.

As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia das entidades locais.

O obxectivo final da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa posta en marcha deste programa é fomentar o emprego en colaboración coas entidades locais no medio rural, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas, de cara a proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones