Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EDUCACIÓN, CONCELLOS E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ASINAN UN CONVENIO PAR INVESTIR 2,6 MILLÓNS EN CEN OBRAS EN COLEXIOS DA PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirán un total de 2.652.000 euros en obras de mellora de 84 centros educativos da provincia.

A Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirán un total de 2.652.000 euros en obras de mellora de 84 centros educativos da provincia.

Fecha: 31 de Marzo de 2015

Fuente: depo.es

O presidente da Deputación,  Rafael Louzán e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez asinaron esta tarde un protocolo de colaboración para xestionar de maneira coordinada preto dun cento de actuacións en centros de educación infantil, primaria e especial.

A Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria investirán un  total de 2.652.000 euros en obras de mellora de  84 centros educativos da provincia. Así se recolle no protocolo de colaboración que o presidente do ente provincial Rafael Louzán e o conselleiro de Educación asinaron esta tarde para a posta de preto dun cento de actuacións en todos os concellos da provincia.

Dito acordo ten como principal obxectivo coordinar as obras de reforma, ampliación e mellora (RAM) programadas pola Xunta de Galicia en centros de educación infantil, primaria e educación especial na provincia de Ourense coas actuacións de reparación, conservación e mantemento que son competencia municipal.

1,381.000 euros da Deputación

Así, a Deputación, de acordo para a xestión coordinada das actuacións necesarias para   conservación, mantemento e mellora en centros de educación infantil, educación primaria e educación especial da provincia de acordo coas partidas aprobadas no Plan Provincial de Pontevedra de Obras e Servizos 2015,  destinará

1,381,000 euros para traballos de reparación, conservación e mantemento nas instalacións de 39 centros educativos  da provincia.

Trátase de traballos tales como pintura, reparación de elementos de carpintería, limpeza de canalóns, arranxos de tellados ou reposición de cristais, e de zonas de xogo, entre outras.

 

992.000 euros da Consellería

 

Pola súa parte a Consellería  de Educación financiará  as obras de  reforma, ampliación e mellora en outros 33 centros educativos de 25 concellos. Cun investimento de 992,000 euros, as actuacións previstas atenden á reparación de cubertas, reforma de fachadas, mellora de instalacións eléctricas, pavimento de pistas, eliminación de barreiras arquitectónicas, illamentos, ou caldeiras, entre outras.

 

Obras de competencia municipal

 

Asimesmo, no protocolo asinado esta tarde, tamén se recollen  outras 23 actuacións  en centros  de titularidade municipal e que os concellos sufragarán con fondos propios.   Trátase de traballos de acondicionamento que suman preto de 280 mil euros  destinados a ó  correcto mantemento das instalacións educativas.

 

Mellora nas instalacións deportivas

Co fin de establecer un marco de colaboración  entre a Consellería de Cultura, a Deputación e os concellos para unha maior eficacia dos recursos destinados á educación, a  sinatura deste protocolo tamén atende á mellora nas instalacións deportivas dos centros educativos para satisfacer as necesidades do alumnado. O obxectivo é  poder abrir estas  dependencias ó seu uso por parte do resto da poboación fóra do horario lectivo para fins educativos, deportivos e culturais.  Este feito poderá levarse a cabo sempre e cando que non se interfira na programación das actividades dos centros e que se garanta a súa correcta utilización.

 

Todas as actuacións recollidas neste protocolo deberán estar rematadas o 31 de decembro de 2015. Se ben, poderase autorizar a modificación destes prazos causas excepcionais e tamén se contempla a posibilidade de engadir novas actuacións ás recollidas neste protocolo.  

BAIXO MIÑO

OBRAS DE COMPETENCIA AUTONÓMICA

Centro

Concello

Descrición

 

CEIP A Sangriña

A Guarda

Adaptación da cuberta exterior

30.000

CEIP Refoxos

Oia

Arranxo da posta exterior

18.000

CEIP Sobrada

Tomiño

Cuberta

20.000

 

OBRAS ACOLLIDAS Ó PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015

CEIP Mestre Manuel García

Oia

Mellora da pista deportiva

20.000

CPI Manuel Suárez Marquier

O Rosal

Falsos teitos

20.000

 

 

OBRAS  DE COMPETENCIA MUNICIPAL

Centro

Concello

Descrición

 

CEIO As Solanas

A Guarda

Arranxos varios

5.000

CEIP de Barrantes

Tomiño

Novos baños

22.000

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones