Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EDUCACIÓN CONVOCA A PROBA DE 3º DE PRIMARIA, QUE NON TERÁ EFECTOS NO EXPEDIENTE ACADÉMICO DOS ALUMNOS E SERVIRÁ PARA MELLORAR A CALIDADE EDUCATIVA

A proba realizarase os días 27 e 28 de maio e nela participarán arredor de 22.000 nenos e nenas de todos os centros educativos de Galicia

Avaliarase a competencia matemática así como a competencia en comunicación lingüística de xeito integrado en galego e castelán

Fecha: 29 de Abril de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca para os días 27 e 28 de maio as probas de avaliación individualizada de 3º de Primaria que establece a LOMCE e na que participarán arredor de 22.000 nenos e nenas dos centros docentes de toda Galicia. O Diario Oficial de Galicia publicará o vindeiro xoves, día 30, a Resolución na que se especifica, de xeito detallado, o desenvolvemento desta proba, e que xa se pode consultar no portal web da Consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es/web/node/14761 .

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, explicou que o obxectivo desta avaliación individualizada é comprobar -tal como establece a LOMCE- o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita e en cálculo e resolución de problemas. Ademais, no caso de Galicia, a competencia lingüística avaliaranse de xeito integrado tanto en galego como en castelán, é dicir, nas dúas linguas oficiais. Ademais, non se trata de medir os coñecementos dos alumnos/as canto a materias específicas, senón as súas destrezas nas áreas de comunicación lingüística e matemática.

Cómpre salientar que estas probas que se poñen en marcha por primeira vez agora en 3º de Primaria están configuradas de xeito moi similar á avaliación de diagnóstico que viñan realizando ata o de agora os alumnos de 4º curso de Primaria.

Nesta liña, o conselleiro de Cultura e Educación insistiu nunha mensaxe de tranquilidade aos pais, nais e titores e ao conxunto da comunidade educativa, xa que os resultados das probas non terán efectos académicos, e non se establecerán rankings de centros.

Cómpre subliñar, por tanto, que non se trata de ningunha reválida xa que non é unha proba de final de etapa, non computa a efectos de ningunha cualificación e non se avalían materias específicas senón algunhas competencias concretas.

Pola contra, é unha avaliación individualizada de carácter informativo e orientador para o alumnado, para os centros, para as familias e para a Administración educativa; e tamén unha proba diagnóstica cuxos resultados servirán para mellorar os procesos de docencia e de aprendizaxe.

É dicir, dunha banda, estas probas aportarán información individual de cada alumno e alumna, coadxuvando á detección precoz de dificultades na aprendizaxe. Doutra banda, aportarán información e orientarán aos centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polos seus alumnos, cada centro revise e, se fora o caso, adoite medidas necesarias para mellorar os seus procesos educativos.

Execución e corrección das probas
A Consellería de Cultura e Educación encargarase de proporcionar aos centros o apoio necesario (tanto material como soporte informático) para materializar as probas. Deste xeito, disporanse cadernos (en formato papel) para cada unha das competencias obxecto de avaliación, así como cuestionarios de contexto para profesores, dirección do centro, alumnado e as súas familias.

Na liña das avaliacións de diagnóstico que se facían en 4º de Primaria, os centros encargaranse de planificar e coordinar a avaliación individualizada de 3º, para o cal en cada centro se creará unha comisión de coordinación.

Con carácter xeral, as probas deberán ser corrixidas por profesores/as que non impartan clase nas materias relacionadas coas competencias obxecto da proba aos alumnos/as avaliados, e os centros disporán ata o 5 de xuño inclusive para corrixir as probas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones