Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Educación e Universidades avanzan no deseño da proba final de Bacharelato, que en Galicia organizará a CIUG

O conselleiro insistiu nunha mensaxe de tranquilidade aos alumnos e ás familias, xa que os contidos e a metodoloxía da proba será moi semellante ás PAAU vixentes ata o de agora

A Consellería traballa da man das Universidades para, de cara ao curso 2017-18, adiantar a xullo a convocatoria extraordinaria de setembro

Fecha: 02 de Diciembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e representantes da Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) e das tres universidades, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo para avanzar na coordinación da proba final de Bacharelato que substitúe ás actuais PPAU (coñecidas como "selectividade"), e que en Galicia se encargará de organizar a CIUG como o viña facendo ata o de agora.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que o obxectivo desta xuntanza foi informar dos acordos acadados na Conferencia Sectorial de Educación que tivo lugar o pasado luns en Madrid, e deseñar unha liña de traballo conxunta e cooperativa co organismo interuniversitario de Galicia e coas universitarias para "concretar" todos aqueles matices pendentes para a execución da proba.

Román Rodríguez insistiu nunha mensaxe de tranquilidade para os alumnos e para as familias, xa que esta proba final de Bacharelato -que dá acceso á Universidade- será practicamente idéntica a de agora, "cun escenario, uns contidos e unha metodoloxía moi semellante á que se viña facendo", abondou.

Tamén explicou que -xunto coas Universidades- se está a traballar na posibilidade de adiantar a xullo a convocatoria de setembro da proba, que se podería materializar a partir do curso 2017-18, xa que -segundo matizou o conselleiro- "este ano xa é de moitos cambios e quizá é precipitado facelo, pero si para o vindeiro curso".

Finalmente Román Rodríguez salientou a "vontade colectiva" de chegar a un pacto en materia educativa cun obxectivo a curto prazo que é "o interese do alumnado que se vai presentar á proba a finais de curso", e cun obxectivo "máis a longo prazo" na procura dun "gran acordo educativo que a sociedade nos demanda e que nos dea certidume ao conxunto da comunidade educativa".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones