Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EDUCACIÓN REÚNE Á XUNTA PROVINCIAL DE DIRECTORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Analizáronse temas como novas zonificacións ou a aplicación da Lomce nos centros de Primaria e Secundaria

Analizáronse temas como novas zonificacións ou a aplicación da Lomce nos centros de Primaria e Secundaria

Fecha: 16 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a través da Xefatura Territorial de Cultura e Educación reuniu nas últimas horas, no edificio administrativo de Campolongo na cidade do Lérez, á xunta provincial de directores da provincia de Pontevedra para analizar, entre outras cousas a posta en marcha de varias zonificacións así como a aplicación da Lomce nos centros de Primaria e Secundaria.

Na reunión, ademais do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, tamén estivo presente o xefe de Inspección Educativa, Manuel Torres, así como representantes dos directores dos centros de Primaria e Secundaria da provincia de Pontevedra.

Un dos temas tratados foi a posta en marcha do proxecto de nova zonificación das localidades de Ponteareas e Gondomar, xa que é preceptivo o visto bo da xunta provincial de directores para a súa execución.

Ademais, tamén se analizou a aplicación da Lomce, tanto no correspondente coa oferta da Formación Profesional Básica para o próximo curso escolar, así como a posta en marcha da nova proba de Terceiro de Primaria que se vai a facer efectiva en maio. Outros temas foron a redacción da guía de programacións, do currículum de Secundaria así como o novo proceso de consolidación de directores.

O responsable da Xefatura Territorial destacou a cordialidade e diálogo coa que se desenvolveu a sesión, e destacou que esta xunta provincial ten como obxectivo coordinar diferentes actuacións.

En rogos e preguntas analizouse a posta en marcha do PROA, tanto neste curso como no seguinte, con diversas propostas sobre a mesa dos directores presentes. Ademais, tamén se recolleu a solicitude dos directores de que os centros de liña 4 poidan contar cun auxiliar administrativo dado o seu grande volume de carga administrativa. Esta petición será trasladada dende a Xefatura Territorial á Consellería de Cultura e Educación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones