Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Emprendemento agrícola no Baixo Miño

Joaquín Álvarez, Santos Rodríguez, Juan Ángel Pérez e Antonio Tartaglione, crearon hai pouco máis dun ano a súa empresa de fruticultura Cultivos Miñotos

Joaquín Álvarez, Santos Rodríguez, Juan Ángel Pérez e Antonio Tartaglione, crearon hai pouco máis dun ano a súa empresa de fruticultura Cultivos Miñotos

Fecha: 22 de Diciembre de 2016

Fuente: ACUBAM

Moita paixón, esforzo e ilusión nun proxecto que este outono deu os seus primeiros froitos: 2000 kg. de mazás.  Con Antonio Tartaglione falamos para que nos conte máis do seu traballo. Comezamos hai un ano coa plantación de 3 has de mazá e 1 ha de aguacate. Este ano xa ampliamos a 8 has de mazá e 2 has de aguacate”.

 ¿Que variedades de mazá cultivades? A nosa produción maioritaria é mazá para sidra que vendemos a Estrella Galicia. Están facendo unha aposta moi forte pola produción de sidra de mazá galega. A súa marca é Maeloc, que exportan aos países anglosaxóns principalmente. O resto de mazá de mesa que temos por agora comercializamos polas tendas de proximidade. Son variedades de procedencia asturiana “Xoanina”, “Regona”, “Florina”, “Raxao”, “De la Riega”. Pero estamos comezando a facer a recuperación e clasificación de variedades autóctonas do Baixo Miño, xa que Estrella Galicia non só quere facer sidra con mazás colleitadas en Galicia, senón con variedades galegas, incluso poder chegar a facer monovarietales.

 O cultivo de aguacate é novo na nosa zona, de onde xurdiu a idea? Queremos ser os pioneiros en Galicia neste cultivo. O consumo do aguacate está en boga e no mercado temos moito produto foráneo pero non existe plantación en Galicia. A nivel particular, no Baixo Miño é moi habitual ver aguacates nas casas, pero nunca se lle deu valor. Nós estamos probando como se comporta o cultivo no noso clima atlántico e terra ácida. Plantamos varias variedades (“Hass”, “Bacon”) e obteremos os primeiros froitos en 2 ou 3 anos, estamos estudando como evolucionan. Vivimos un momento de experimentación que me recorda ao que suceden aquí co kiwi cando era un cultivo novo. A comercialización do aguacate farémola a través da empresa Kiwi Ibérico, que tamén teñen plantacións en Abegondo (A Coruña) e en Portugal.

Cales son os principais impedimentos que vos atopastes para iniciar a actividade? A falta de terra e a ausencia de axudas da administración. Actualmente estamos nunhas terras en réxime de aluguer pero xa temos necesidade de ampliación e temos dificultades de dispoñibilidade. A terra está abandonada e hai actividades agrícolas como a nosa, freadas, por unha xestión ineficaz das terras. En canto ás axudas da administración pública resulta moi frustrante que teñas un proxecto cun plan de viabilidade empresarial correcto, unha plantación real feita, e que che poñan requisitos de nivel de ingresos da actividade imposibles de cumprir para poder acceder ás axudas. A nosa é unha actividade de fruticultura, a inversión inicial non se recupera ata anos despois porque as árbores non van dar froito ao instante. O noso é un proxecto de desenvolvemento agrícola rural e as necesidades de financiamento son importantes no inicio da actividade.

14206216_683456708480150_5641627836813703122_or 14188440_683456985146789_4644753808000377303_or 13320766_636607803165041_104262878422367528_or 13320352_636607929831695_4440595753221339653_or 13047674_621283704697451_5590543149689788848_or

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí