Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

En Abril, aguas mil

Abril iníciase cunha nova Alerta Laranxa por temporal costeiro

Abril iníciase cunha nova Alerta Laranxa por temporal costeiro

Fecha: 03 de Abril de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín nº 67/71/GAL emitido o día 02.04.2018 ás 10:27 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso COSTEIRO por MAR COMBINADA do oeste de 5 a 7 metros e VENTO do suroeste de forza 7 e 8 que afectará a todo o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra e que se iniciará ao mediodía do dia 03 e rematará na madrugada do día 4.
 
Na costa do Baixo Miño: Temporal costeiro Galicia Atlántica: F8-F9, mar arbolada, mar de fondo 4-6m - Galicia Cantábrica: F8, mar grosa, mar de fondo 4-6m 
 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro a partir de mañá no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía deste martes haberá mar combinada do oeste de 5 a 7 metros e vento do suroeste de forza 7 e 8. Está previsto que o aviso de nivel laranxa se estenda á costa de Lugo a partir da madrugada do mércores 4.

Ademais, desde hoxe estará activa a alerta amarela por vento en distintas zonas de Galicia, que se irá estendendo ata afectar a meirande parte da comunidade durante a xornada de mañá. Na Mariña lucense, a alerta de vento será de nivel laranxa desde esta madrugada, onde se agardan refachos de ata 100 quilómetros por hora.

No caso da alerta na costa, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.

Ante a alerta por vento, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar as actividades ao aire libre ou os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas; non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores; afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento; ou retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.

Aconséllase, ademais, consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí