Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ENCONTROS CÁ CULTURA DO 14 Ó 16 DE AGOSTO EN AMORÍN, TOMIÑO

Do 14 ó 16 de Agosto terá lugar unha nova edición dos Encontros cá Cultura en Amorín, Tomiño.

Coma sempre, haberá actividades culturais e deportivas de temática variada e para todos os públicos.

Fecha: 14 de Agosto de 2015

Fuente: Asoc. Veciños de Amorín

Do 14 ó 16 de Agosto terá lugar unha nova edición dos Encontros cá Cultura en Amorín, Tomiño. Coma sempre, haberá actividades culturais e deportivas de temática variada e para todos os públicos.


O venres día 14 é o día vencellado á música tradicional, no que a partir das nove da noite, haberá concertos da Escola de Música Tradicional de Amorín e dos grupos de bombos de Sobrada e Tomiño.


O sábado 15 haberá variedade de actividades, con deporte, música e gastronomía tradicional. A partir das sete da tarde terá lugar a volta ciclista á Amorín, na que se fará unha ruta para todos os públicos de 1'34 km, rematando cunha proba sinxela de habilidade en bicicleta. Xa de noite terá lugar unha exhibición de zumba e o concerto do grupo "Can de Palleiro", rematando cunha queimada e degustación de filloas a pedra.


Os Encontros cá Cultura de Amorín rematarán o domingo 16. Para deixar bó sabor de boca, a partir das sete da tarde terá lugar o  concurso de postres Cultura con Sabor. Tamén haberá contacontos para os peques e actuación do Mago Teto, co seu espectáculo "Afiador".


Todas as actividades realizaranse no Torreiro de Amorín, en horario de tarde-noite. As bases do concurso de postres, así coma os horarios e información detallada de cada actividade poden consultarse na web da asociación de veciños www.damorin.es.

Nova edición de Encontros cá Cultura en Amorín dende o 14 ó 16 de agosto no torreiro. Teremos concertos, contacontos, maxia, volta ciclista a amorín, exibición de samba, etc…. Non faltes, a diversión está asegurada e o paladar disfrutará cos exquisitio postres que se presenten a concurso.

O sábado pecharemos o evento cunha queimada, iso si, despois de degustar unhas estupendas filloas á pedra.

 

O sábado teremos a 1ª volta ciclista a Amorín, unha actividade pensada para os mái novos e que rematará cun circuíto de habilidade no campo da festa da parroquia.

O domingo celebraremos o 1º concurso de postres de Amorín, postres que logo poderedes degustar no bar da Asociación e ademais poderedes poxar por calquera dos tres postres que queden nas 3 primeiras posicións do concurso. Consultar as bases.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones