Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA DO CUARTO TRIMESTRE DE 2014

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter cl

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter cl

Fecha: 23 de Enero de 2015

Fuente: ige.eu / Infomiño.com

Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega, en relación coa actividade económica, cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Activos

No cuarto trimestre de 2014 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.364.500 persoas, das cales 1.264.300 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,5%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 11.300 persoas e a taxa de actividade catro décimas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2013, o número de activos diminúe en 19.200 persoas e a taxa de actividade faino en cinco décimas.

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Poboación de 16 ou máis anos 2.364,5 -3,1 -0,1 -12,7 -0,5
Activos 1.264,3 -11,3 -0,9 -19,2 -1,5
Poboación ocupada 1.000,4 -16,9 -1,7 -2,2 -0,2
Poboación parada 263,8 5,5 2,1 -17,1 -6,1
Inactivos 1.100,2 8,2 0,8 6,5 0,6

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Por sexo, a taxa de actividade masculina diminúe nove décimas con respecto ao terceiro trimestre de 2014 e sitúase no 58,6%. A taxa de actividade feminina mantense no 48,7%.

 

Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
Total 53,5 -0,4 -0,5
Homes 58,6 -0,9 -0,7
Mulleres 48,7 0,0 -0,4

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación activa segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Total 1.264,3 -11,3 -0,9 -19,2 -1,5
Homes 663,7 -10,7 -1,6 -11,9 -1,8
Mulleres 600,6 -0,5 -0,1 -7,4 -1,2

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Ocupados

A ocupación diminúe en 16.900 persoas no cuarto trimestre de 2014 respecto á cifra do trimestre anterior, e sitúase en 1.000.400 ocupados. A taxa de ocupación baixa 7 décimas neste trimestre ata o 42,3%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados diminuíu en 2.200 persoas, o que supón unha baixada do 0,2% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre cae tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 13.800 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2014 e a ocupación das mulleres en 3.100 persoas. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 1,2 puntos e dúas décimas na feminina.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2013, o número de homes ocupados aumenta en 2.100 persoas (un 0,4%), mentres que o de mulleres ocupadas cae un 0,9%.

 

Taxas de ocupación segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
Total 42,3 -0,7 0,1
Homes 46,4 -1,2 0,4
Mulleres 38,5 -0,2 -0,2

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Total 1.000,4 -16,9 -1,7 -2,2 -0,2
Homes 525,7 -13,8 -2,6 2,1 0,4
Mulleres 474,7 -3,1 -0,6 -4,3 -0,9

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados na agricultura e na pesca cae en 4.400 persoas no trimestre e sitúase en 63.300 persoas. A industria perde 3.800 empregos con respecto ao trimestre anterior, a construción 800 e os servizos 8.000.

Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2013, o número de ocupados aumenta en todos os sectores de actividade agás na agricultura e pesca. O sector primario experimenta unha caída do 13,5%. A ocupación na industria medra un 2,2%, na construción un 0,7% e no sector servizos un 0,5%.

Poboación ocupada segundo sectores de actividade. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Total 1.000,4 -16,9 -1,7 -2,2 -0,2
Agricultura e pesca 63,3 -4,4 -6,5 -9,9 -13,5
Industria 155,4 -3,8 -2,4 3,3 2,2
Construción 67,6 -0,8 -1,2 0,5 0,7
Servizos 714,1 -8,0 -1,1 3,8 0,5

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Asalariados

En Galicia había 786.100 asalariados no cuarto trimestre de 2014, 596.400 con contrato indefinido e os 189.600 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 3.500 asalariados menos con contrato indefinido, o que supón unha diminución do 0,6%. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal baixa en 5.600 persoas (o que supón, en termos relativos, unha caída do 2,9% con respecto ao terceiro trimestre de 2014). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido diminuíron un 1,1% mentras que os asalariados con contrato temporal medraron un 8,1%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, cae 4 décimas neste trimestre, ata situarse no 24,1%.

Poboación asalariada segundo tipo de contrato. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Total 786,1 -9,0 -1,1 7,8 1,0
De duración indefinida 596,4 -3,5 -0,6 -6,5 -1,1
Temporal 189,6 -5,6 -2,9 14,2 8,1

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Parados

No cuarto trimestre de 2014 en Galicia había 263.800 persoas en paro, 5.500 máis que no trimestre anterior. En termos relativos isto supón un incremento do 2,1%. A taxa de paro sobe 7 décimas con respecto ao trimestre pasado, e sitúase no 20,9%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2013, o número de parados baixa en 17.100 persoas (un 6,1%) e a taxa de paro un punto.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, sobe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 138.000 persoas (3.100 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 125.900 persoas (2.600 máis). A taxa de paro masculina aumenta, en consecuencia, 8 décimas e a feminina cinco décimas, situándose a primeira no 20,8% e a segunda no 21%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 14.000 persoas (un 9,2% menos), e entre o feminino en 3.000 persoas (un 2,3% menos que hai un ano).

 

Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
Total 20,9 0,7 -1,0
Homes 20,8 0,8 -1,7
Mulleres 21,0 0,5 -0,2

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Total 263,8 5,5 2,1 -17,1 -6,1
Homes 138,0 3,1 2,3 -14,0 -9,2
Mulleres 125,9 2,6 2,1 -3,0 -2,3

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Fogares

No cuarto trimestre de 2014, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 600 unidades, situándose en 88.400. Respecto ao cuarto trimestre de 2013 esta tipoloxía de fogares cae un 7,8%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados baixa en 7.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 526.600. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 11.900 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 2,3% en termos relativos.

Vivendas segundo a tipoloxía de actividade. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de vivendas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de vivendas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de vivendas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Total 1.079,9 0,2 0,0 6,2 0,6
Fogares con polo menos un activo 749,5 -0,6 -0,1 -2,6 -0,3
Todos os activos son ocupados 526,6 -7,5 -1,4 11,9 2,3
Todos os activos son parados 88,4 0,6 0,7 -7,5 -7,8
Con ocupados e parados 134,6 6,4 5,0 -6,8 -4,8
Fogares nos que non hai ningún activo 330,3 0,7 0,2 8,6 2,7

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación xuvenil

Dos 342.200 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 113.800 (o 33,3%) están ocupados, 65.000 (o 19%) parados e os 163.400 (o 47,7%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 33,3% no cuarto trimestre de 2014. Con respecto ao trimestre anterior baixa 2,4 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2013 diminúe nove décimas.

A taxa de paro xuvenil baixou durante o trimestre tres décimas ata situarse no 36,3%. En comparación co cuarto trimestre de 2013 diminuíu 1,7 puntos.

 

Taxas de actividade, ocupación e paro da poboación de 16 a 29 anos. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
Taxa de actividade 52,2 -4,1 -3,0
Taxa de ocupación 33,3 -2,4 -0,9
Taxa de paro 36,3 -0,3 -1,7

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación de 16 a 29 anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Poboación de 16 a 29 anos 342,2 -3,0 -0,9 -13,2 -3,7
Activos 178,8 -15,5 -8,0 -17,2 -8,8
Poboación ocupada 113,8 -9,4 -7,6 -7,7 -6,3
Poboación parada 65,0 -6,1 -8,6 -9,5 -12,8
Inactivos 163,4 12,5 8,3 4,0 2,5

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

No cuarto trimestre de 2014, o 70,5% dos ocupados de entre 16 e 29 anos ten xornada completa. Con respecto ao terceiro trimestre de 2014, diminúe o número de mozos ocupados a xornada completa (un 14,2%) e aumenta o de mozos ocupados a xornada parcial (un 13,1%). Con respecto ao cuarto trimestre de 2013 prodúcese unha baixada do 12,9% nos mozos ocupados a xornada completa e un incremento 13,9% para os que teñen xornada parcial.

Poboación ocupada de 16 a 29 anos segundo o tipo de xornada. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Total 113,8 -9,4 -7,6 -7,7 -6,3
Completa 80,2 -13,3 -14,2 -11,9 -12,9
Parcial 33,6 3,9 13,1 4,1 13,9

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Dos 99.600 asalariados existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 39,9% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos con contrato indefinido diminuíu un 10,8% respecto ao trimestre anterior e un 20,8% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. O número de mozos asalariados con contrato temporal caeu un 5,1% respecto ao trimestre pasado e increméntase un 5,5% respecto ao mesmo período de 2013.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 60%, 1,4 puntos porcentuais por riba da rexistrada hai tres meses e 7 puntos superior á rexistrada hai un ano.

Poboación asalariada de 16 a 29 anos segundo a duración do contrato. Galicia. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas, porcentaxe

  Dato do trimestre actual Variación absoluta
respecto ao
trimestre pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao
trimestre pasado
(%)
Variación absoluta
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(miles de persoas)
Variación relativa
respecto ao mesmo
trimestre do ano pasado
(%)
Total 99,6 -7,8 -7,3 -7,3 -6,8
De duración indefinida 39,7 -4,8 -10,8 -10,4 -20,8
Temporal 59,8 -3,2 -5,1 3,1 5,5

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Grandes concellos

Se comparamos os datos dos sete grandes municipios galegos, observamos que Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (54,2% e 52,2%, respectivamente) no cuarto trimestre de 2014. Ferrol, cun 38%, é o concello coa menor taxa de ocupación, e Pontevedra é o que conta cunha maior taxa de paro (28,7%).

Poboación segundo a relación coa actividade económica. Grandes municipios galegos. Cuarto trimestre de 2014
Miles de persoas

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con precaución porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

 

Taxas de actividade, ocupación e paro. Grandes municipios galegos. Cuarto trimestre de 2014
Porcentaxes

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con precaución porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Definicións e máis información

Definicións

Acceso ás táboas de datos:

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones