Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Entidades do Rosal e de Oia acadan financiación para actividades de dinamización do galego

Esta liña apoia actividades de fomento da creación, sociolingüística e toponimia, fomento do galego no comercio e na industria, e recoñecementos e distincións

Esta liña apoia actividades de fomento da creación, sociolingüística e toponimia, fomento do galego no comercio e na industria, e recoñecementos e distincións

Fecha: 01 de Octubre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de resolver a concesión das axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega durante o exercicio 2018, resultando aprobadas un total de 75 solicitudes. Estas axudas, dotadas cunha partida orzamentaria de 120.000 euros, apoian iniciativas levadas a cabo por entidades sen ánimo de lucro.

Hai que lembrar que as axudas para a dinamización do galego é unha liña creada no presente mandato polo departamento de Cultura e Lingua co obxecto de impulsar e fomentar o uso do idioma en todos os ámbitos sociais da nosa provincia, mediante o apoio ás actividades que neste eido realizan as entidades sen ánimo de lucro. Para acadar estes fins, as bases contemplaban o financiamento de actividades en catro apartados: o fomento da creación e da difusión cultural en lingua galega, que incluía certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, e feiras e eventos que promocionen a creación en lingua galega; sociolingüística e toponimia, referido a estudos e publicacións sobre sociolingüística, e xornadas e publicación de recuperación da toponimia; fomento do emprego do galego no comercio e na industria, encamiñado a promover xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega; e recoñecementos e distincións, no que se daba cabida a actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas ou que recoñecesen o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego.

Para a adxudicación destas subvencións, as bases reguladoras contemplaban catro criterios: o orzamento total da actividade, unha puntuación de ata 40 puntos; a adecuación da actividade ao interese provincial, con ata 25 puntos; a difusión da actividade, con ata 20 puntos; e a porcentaxe solicitada de financiamento, con ata 15 puntos.

Para solicitar estas axudas, as persoas físicas e xurídicas debían carecer de fins de lucro e desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra -aínda que excepcionalmente podían ser admitidas entidades de fóra da provincia se as actividades versaban sobre temas de interese para a provincia-. Non podían beneficiarse destas subvencións as ANPAS nin as asociacións que teñan pendente de xustificar subvencións concedidas no exercicio anterior no mesmo programa. Desta convocatoria quedaban expresamente excluídas as actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación; os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realizan ao longo de todo o ano. Tamén se excluían as viaxes de lecer, as excursións, as festas gastronómicas e as festas populares, así como os gastos gastronómicos -agás cando gardasen relación directa coa actividade e fosen necesarios para o seu desenvolvemento-.
 
- Proxectos aprobados:
 
O Rosal: Agrupación Musical do Rosal 1.262,03€
Oia: Asociación Costa dos Castros 1.135,82€
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones