Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Érguete Baixo Miño realiza talleres en colexios de Tomiño

Talleres de prevención e promoción da saúde co alumnado ao longo de cinco sesións en cada centro, e que se desenvolverá a través do mes de maio.

Talleres de prevención e promoción da saúde co alumnado ao longo de cinco sesións en cada centro, e que se desenvolverá a través do mes de maio.

Fecha: 02 de Mayo de 2018

Fuente: Asociación Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que, os vindeiros mércores, 2 de maio, e venres, 4 de maio, a Educadora Social da Asociación, levará a cabo dous talleres de prevención e promoción da saúde co alumnado ao longo de cinco sesións en cada centro, e que se desenvolverá a través do mes de maio.

Por unha banda, cos rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, desenvolverase o taller de "Mindfulness", un dos talleres que levamos impartido a máis de 250 alumnos e alumnas de entre 6-10 anos de toda a Comarca do Baixo Miño. Consiste nunha disciplina relacionada co benestar integral, complemento clave para a aprendizaxe social e emocional o cal xera melloras, entre outros, na memoria, na concentración, na resposta inmunolóxica e no auto-control.

Non obstante, nesta ocasión, as sesións vanse levar a cabo dende unha perspectiva diferente, traballando á vez, técnicas de "Mindfulness" e Ioga. Con este novo enfoque, búscase reducir situacións de conflitividade, gañar unha mellor regulación das emocións, aumentar a empatía e a compaixón ou minorar os niveis de estrés. Este taller, atópase dentro do programa Empodérate, financiado pola subvención a cargo do IRPF 2017 (execución 2018) ademais da axuda das cotas dos socios.

Pola outra banda, a Educadora Social de Érguete Baixo Miño traballará con rapaces e rapazas de 5º de primaria do CEIP Sobrada co taller de "Mediadores Sociais" subvencionado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias que forma parte da Asociación.

Estamos a falar dun taller que está enfocado para adultos pero que nesta ocasión levarase á cabo con rapaces e rapazas de 11 anos, con contido adaptado e na procura de formar ao alumnado con modelos de actitudes e comportamentos clave dentro da estratexia de prevención de condutas violentas e axuda de resolución de conflitos dentro do mesmo colexio.

As accións, levadas a cabo polo persoal laboral da Asociación, sempre levan intrínseco un enfoque de educación e promoción da saúde como referente de cara á prevención de condutas aditivas e nocivas para as persoas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones