Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Érguete remata os programas de -Intervención Socioeducativa na Aula- e -Perséfone Saúde- no IES Antón Alonso Ríos

Buscouse mellorar as relacións interpersoais e afectivas dos rapaces e rapazas así como facilitar o autocoñecemento persoal nunhas idades con gran influencia nas relacións sociais.

Buscouse mellorar as relacións interpersoais e afectivas dos rapaces e rapazas así como facilitar o autocoñecemento persoal nunhas idades con gran influencia nas relacións sociais.

Fecha: 10 de Abril de 2018

Fuente: Asociación Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o luns, 9 de abril, damos por rematado os programas de Intervención Socioeducativa na Aula e Perséfone Saúde no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño despois de mes e medio de traballo co alumnado e impartido polas Técnicas de Prevención en Condutas Aditivas da nosa entidade.

Logo de 28 sesións de intervención directa con rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos realizando talleres para traballar as habilidades sociais e a resolución de conflitos, así como ocuparse das diferenzas de xénero, pódese considerar que os obxectivos establecidos previamente, foron superados con creces así como a boa acollida que sempre teñen este tipo de talleres e actividades.

Dentro dos obxectivos definidos inicialmente no programa Perséfone Saúde levado a cabo en 1º e 2º FPB, buscouse mellorar as relacións interpersoais e afectivas dos rapaces e rapazas así como facilitar o autocoñecemento persoal nunhas idades con gran influencia nas relacións sociais. Tamén se traballou para identificar os recursos propios e as capacidades para tomar decisións saudables durante o seu crecemento e proxecto vital e promover actitudes de prevención de "dependencias sentimentais ou afectivas".

Pola outra banda, no curso de 2º da ESO, e dentro do programa de Intervención Socioeducativa na Aula, traballouse nos obxectivos de mellorar as relacións interpersoais e o autocoñecemento do alumnado aumentando a autoestima e a valoración positiva dun mesmo, aprendendo a manexar as emocións que poden chegar a condicionar os nosos sentimentos e comportamentos. Potenciar valores como a colaboración e o respecto e practicar a empatía e a asertividade, son accións moi positivas nestas idades.

Como punto de conexión entre os dous talleres realizados, destacamos a creación de espazos que fomentan a súa propia personalidade con opinión e criterio e a conexión coa motivación pola súa saúde.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones