Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A CARREIRA POPULAR DE AMORÍN CELEBRA A SÚA SEPTIMA EDICIÓN ESTE DOMINGO APOSTANDO POLA INTEGRACIÓN

O obxectivo deste ano será a construcción de pozos para 30 escolas en Níxer

O obxectivo deste ano será a construcción de pozos para 30 escolas en Níxer

Fecha: 30 de Mayo de 2015

Fuente: Infomiño.com

 

 

O Concello de Tomiño e a Asociación de Veciños de Amorín veñen de presentar esta mañán a séptima edición da Carreira Popular de Amorín (Gotas para Níxer) que se celebrará este domingo 31 de maio na parroquia de Amorín.


Un ano máis, o Concello de Tomiño e a Asociación de Veciños apostan pola integración e abandeira unha causa solidaria con Unicef. Os horizontes do equipo organizador da Carreira seguen apostando pola integración social de persoas con discapacidade e un ano máis usuarios dos colectivos de Avelaíña, San Xerome Emiliani, Vontede e ACEESA participarán neste evento que congregan anos tras anos a deportistas e aficionados.


A Carreira Popular de Amorín é unha proba que naceu hai xa sete anos da man do Clube de Atletismo de Porriño que ano tras ano segue participando cos seus deportistas. A proba foise enriquecendo grazas as aportacións dos colectivos que se foron sumando na súa organización. Deste xeito, o domingo teremos probas de atletismo con todas as categorías, dende Pitufos até Veteranos, pero tamén teremos un partido de baloncesto entre usuarios de San Xerome Emiliani e ACEESA, andainas pola ribeira do Río Furnia e incluso un Paseo polo río Miño con accesibilidade para cadeiras de rodas.


Un ano máis, os premios serán entregados por usuarios dos centros participantes.


Tamén é unha carreira solidaria xa que os fondos recaudados da inscripción irán destinados ao programa de Unicef de creación de pozos para Níxer.


A solidariedade con Níxer non é nova, o Concello de Tomiño leva anos colaborando con Unicef e un ano máis colaborará doando os fondos para esta causa pola que o ano pasado correron 5.000 persoas en toda Galicia. Marisé Torres, representante de Unicef, informou que os fondos do pasado ano foron destinados a compra de complementos vitamínicos e a inversión en medidas para paliar o paludismo.


Níxer é un dos países máis deprimidos do continente africano, situación agudizada pola crónica sequía que conduce a unha das máis altas taxas de mortalidade infantil. Marisé avanzaba esta mañán que máis de 120.000 nenos e nenas morren ano tras ano pola falta de auga potable. O obxectivo deste ano será a construcción de pozos para 30 escolas.


Marisé Torres destacou "a atención que este Concello e que a Asociación de Veciños prestan a diversidade de todo tipo. É un claro exemplo dun modelo de poboación solidario que aplica unha forma diferentes de ver a poboación".


Dende San Xerome Emiliani, afondaron na diversidade do seu clube de deporte que a través desta práctica levan dende ano 1992 traballando pola integración. Nesta edición da Carreira de Amorín, os usuarios do centro xogarán un partido de baloncesto con ACEESA.


Xose María Regueiro, representante da Asociación de Veciños de Amorín destacou "a participación de todos os veciños e veciñas de Amorín que de xeito voluntario traballan arreo pola bo funcionamento da proba."


A Alcaldesa, Sandra González, valorou moi positivamente o "esforzo continúo e o traballo conxunto que organizan tanto a Asociación de Veciños de Amorín como as entdidades colaboradoras. A súa boa xestión a longo prazo ten como resultado unha carreira asentada e cunha proxección de calado. As causas que acompañan a proba sen dúbida, ennobrecen se cabe aínda máis o traballo e todas as persoas que adican tempo e esforzo a un acto solidario e integrador".

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 29 Maio 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones