Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Jalleira AFEA organizou este domingo unha Excursión xeolóxica en Portecelo (O Rosal)

A Jalleira AFEA organizou o pasado domingo día 17 de setembro a Excursión xeolóxica: A COSTA DE PORTECELO - Herdanza das neves da Groba, contando coa guia Carmen Casares, xeóloga.

A Jalleira AFEA organizou o pasado domingo día 17 de setembro a Excursión xeolóxica: A COSTA DE PORTECELO - Herdanza das neves da Groba, contando coa guia Carmen Casares, xeóloga.

Fecha: 18 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Jalleira AFEA organizou o pasado domingo día 17 de setembro a Excursión xeolóxica: A COSTA DE PORTECELO - Herdanza das neves da Groba, contando coa guia Carmen Casares, xeóloga.

Primeira visita

A Groba imponse na paisaxe. A ela debemos, en grande parte, que esta zoa da costa sexa tan peculiar e diferente das rías galegas. Fai varios miles de anos, as neves acumulábanse nas súas cumes e vertentes. Os derrubios que arrastraton ó fundirse, tapizan agora a costa e forman acantilados de bloques e arxilas que actuaron como un escudo que conservou antigas formas costeras.

 

O granito e a rocha que forma a Groba, a plataforma que une as súas pendentes á costa e os "coidos". Ten unha longa historia: é unha vella rocha, de máis de 300 millóns de anos, moi viaxada. Chegou aquí dende o ecuador, onde naceu, formando o núcleo dunha enorme cordilleira. hoxe arrasada e repartida en anacos polo mundo. Buscáronse as pegadas que tan peculiar historia han deixado sobre elas.


Segunda visita

Cos vehículos, atravesouse a aldea de Portecelo e percorreuses a estrada asfaltada cara á esquerda, onde estacionáronse os vehículos, e onde se tomou, xa camiñando, unha antiga estrada á beira da costa. Camiñouse polas rochas da costa aproximadamente un quilómetro, ata saír por un camiño que se conecta cunha pista que se percorreu unha media hora ata volver ós vehículos.

 

Neste tramo de costa é moi sinxelo camiñar, porque o granito comportase coma se fose unha cebola, pártese en capas concéntricas, extensas, bastante aplanadas nas que se poden formar lagoas pequenas coa auga fresca que provén dos acantilados. Atopamos áreas onde as rochas están cubertas por unha capa avermellada que as protexe da erosión. Grandes diques atravesan o granito e numerosas fallas o fracturas.


Terceira visita

Colléronse os vehículos e circulouse por un camiño de terra paralelo á costa en sentido norte, durante 900 metros, onde se baixou por un sendeiro ata a costa.


Aquí descubríronse os curiosos acantilados que empezaron a formarse fai 40.000 anos. Daquela, o mar estaba alonxado da costa actual e o clima era moi frio. As neves acumulábanse na Groba e, cando se derretían, as augas arrastraban grandes cantidades de sedimentos cara a costa. Neste punto tentouse entender o que os grandes cantos, os solos, ou o que os pequenos anacos de carbón cóntanos sobre a súa historia.

   Fotos de Sara Carrera Coímbra
 

  A Jalleira AFEA organizou o pasado domingo día 17 de setembro a Excursión xeolóxica: A COSTA DE PORTECELO - Herdanza das neves da Groba, contando coa guia Carmen Casares, xeóloga.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones