Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - AS ADEGAS DA DO RÍAS BAIXAS ? SUBZONA DO ROSAL COMEZARON XA A CAMPAÑA DE VENDIMA 2013

Prevéese unha boa recolleita, con abundante uva e de moi boa calidade

Fecha: 27 de Septiembre de 2013

Fuente: Infomiño.com


 
Dende fai algúns días a meirande parte das Adegas da Subzona do Rosal da DO Rías Baixas comezaron xa a Campaña de Vendima 2013, este ano visitamos as instalacións de Lagar de Cervera e Valmiñor, ambalas dúas no Concello de O Rosal.

Adega Lagar de Cervera
Dende o pasado Venres 20 de Setembro a Adega Lagar de Cervera, pertencente ó Grupo La Rioja Alta, S.A. comezou a campaña de vendima 2013 na finca Cervera de 60 hectáreas ubicada no Rosal.

O Director Técnico da Adega, Sr. Ángel Suárez, indicou que a cantidade e gran calidade da uva que se recolle fai presaxiar unha boa campaña, na que se podería chegar a recoller un total de 600.000kg de uva da variedade albariño.

As choivas destes días están condicionando a vendima, pero isto non vai a alterar o estado das uvas, que recalcan "é excelente". A Adega Lagar de Cervera emprega arestora aproximadamente a 90 persoas, que se encargan das tarefas de recolección de uva na finca Cervera de O Rosal, a maiores, esta cifra chega ata as 120 persoas, contando persoal e operarios da Adega, que se encargan das tarefas de transporte das uvas ata a Adega, selección das mesmas, etc.

Este ano Lagar de Cervera puxo en marcha un sistema de trazabilidade das uvas e acios a través de códigos de barras que identifican as caixas cos vendimadores, de maneira que unha vez as caixas chegan á Adega, se poden saber varios datos da procedencia destas uvas e se posúen os mínimos requeridos.

Unha vez as uvas están recolectadas, son transportadas en caixas ata a Adega sita en Fornelos - O Rosal, onde son descargadas nunha mesa de selección na que 4 operarios se encargan de retirar aqueles acios que non reúnen os requisitos fixados pola empresa.

Trala selección unha máquina encárgase do despalillado dos acios, un paso previo para a chegada da uva á prensa, onde despois chegarán ás cubas para o proceso de fermentado que pode durar aproximadamente un mes. Tralo fermentado realízase unha trasiega, como paso previo ó embotellado, etiquedado e posterior expedición do producto xa finalizado baixo a marca Albariño Lagar de Cervera.

Agárdase poder chegar a unha producción final dunhas 450.000 botellas de Albariño Lagar de Cervera. Ademáis a adega emprega o bagazo da uva para a elaboración de licores como o augardente branca e de herbas que se comercializa como licores Viña Armenteira.

Adegas Val Miñor
Nas Adegas Val Miñor, Cristina Blanco foi a encargada de ensinarnos varias das fincas que esta Adega posúe en Figueiró e Carregal "Finca Catuxa" , ambalas dúas no Concello de Tomiño.

Na finca Catuxa de Carregal-Tomiño comezouse a vendimar o pasado 25 de Setembro, destacando a gran cantidade de uva, con acios dunha calidade excepcional das variedades Albariño, Loureiro, Treixadura e Caíño Blanco, coas que se comercializa o Valmiñor Albariño, Davila M100, Davila L100, Torroxal Albariño e Serra da Estrela. Adegas Valmiñor emprega na campaña de vendima 2013 a máis de 100 persoas entre persoal de vendima e operarios da adega.

Valmiñor emprega tamén un sistema de trazabilidade das caixas vendimadas o que lles permite saber datos sobre a orixe e procedencia da uva, así coma as persoas que se encargaron da vendima.

As uvas transpórtanse ata a adega, sita no Concello do Rosal onde, unha vez descargadas as caixas, se fai a medición do grado das uvas coa axuda dun refractómetro, paso previo para a entrada das uvas á mesa de selección, onde varios operarios se encargan de revisar os acios como paso previo ó despalillado.

Unha vez feito o despalillado as uvas pasarán 8 horas nuns depósitos de maceración en frío, para pasar posteriormente ás prensas e máis tarde ás cubas de decantación. Finalmente realízase a fermentación como paso previo ó embotellado, etiquetado e expedición final do producto.

Ademáis Adegas Valmiñor comercializa varios licores, como o Valmiñor Orujo de Galicia - Indicación Geográfica, Licor de Herbas de Galicia e o Licor Café de Galicia.

Dende ValMiñor apuntan que nesta campaña de vendima 2013 poderían chegar a recollerse entre 600.000kg e 800.000kg de uva, uvas que chegan á adega cunha graduación entorno ós 13º.
 
FOTOGRAFÍAS
Fotos de Jorge Alonso Daldea
VENDIMA EN LAGAR DE FORNELOS
 
VENDIMA EN ADEGAS VALMIÑOR
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones