Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - Boimorto acolleu unha nova edición do -Festival de la Luz-

O evento solidario promovido por Luz Casal congregou a milleiros de persoas durante a pasada fin de semana en Boimorto

O evento solidario promovido por Luz Casal congregou a milleiros de persoas durante a pasada fin de semana en Boimorto

Fecha: 12 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Boimorto(A Coruña) acolleu do 8 ó 10 de setemebro de 2017 unha nova edición do "Festival de la Luz", un evento solidario promovido pola artista Luz Casal que congregou novamente a milleiros de persoas de toda a xeografía nacional.

Ampla programación musical e de actividades para todalas idades nunha fin de semana na que a choiva fixo acto de presenza, pero isto non supuxo ningún impedimento para o disfrute por parte dos asistentes.

Grandes artistas coma Rosendo, Jarabe de Palo, Siniestro Total, Riff Raff, Mago de Oz, Treixadura, Rulo y la Contrabanda e así ata un total de 40  bandas e músicos que non perderon a oportunidade e aceptaron o convite de Luz Casal para actuar nos 3 escenarios habilitados no recinto do Festival.

O evento contou tamén cunha ampla oferta gastronómica para os paladares máis esixentes, así coma outras actividades de animación con proxeccións de cinema e teatro, presenza de chefs galegos de recoñecido prestixio no Gastroespacio Mahou e actividades para os máis pequenos da casa cunha gran zona con actividades e obradoiros infantís.

Importante representación tamén de colectivos artesanais, culturais e e comerciais no Mercado da Deputación da Coruña e no Mercado de La Luz.

Sen dúbida un evento do máis completo no panorama galego, cunha organización extraordinariamente correcta e por unha boa causa, os cartos recadados irán destiñados a Oncomet.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 
O evento solidario promovido por Luz Casal congregou a milleiros de persoas durante a pasada fin de semana en Boimorto

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí