Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Clausura Obradoiro de emprego -Dinamización turística- de Tomiño no que se formaron 20 alumnos

En 2017 a Xunta destinará a este tipo de iniciativas 20,5 millóns de euros, resaltando a ampliación da duración de cada obradoiro ata os 9 meses

En 2017 a Xunta destinará a este tipo de iniciativas 20,5 millóns de euros, resaltando a ampliación da duración de cada obradoiro ata os 9 meses

Fecha: 30 de Mayo de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou este luns en Tomiño na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego "Dinamización Turística", nun acto no que puxo en valor estes programas mixtos de formación e emprego que, segundo apuntou, incrementan a inserción no mercado de traballo dos seus participantes.

No acto, o delegado territorial estivo acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o xefe territorial de Economía, Ignacio Rial. Este obradoiro contou cunha aportación da administración autonómica de 180.000 euros.

Os alumnos e alumnas, 20 en total, terán a partir de agora máis oportunidades para atopar un emprego nas especialidades de Promoción Turística Local e Información ao Visitante, así como en Confección e Publicación de Páxinas Web. Recibiron, ademais, formación complementaria en sensibilización na igualdade de oportunidades e ambiental, informática, técnicas para atopar un emprego e en prevención de riscos laborais.

Os alumnos deste obradoiro levaron a cabo a elaboración de guías turísticas e produtos turísticos locais coma rutas ou eventos culturais e deportivos, así como executaron o deseño do aspecto visual da páxina web de turismo do concello. A maiores, levaron a cabo a inserción de documentos, tanto de audio coma de vídeo, do arquivo documental do concello, establecendo condicións de accesibiliade e usabilidade.

A provincia de Pontevedra contou nos últimos 6 meses con 29 obradoiros que formaron a máis de 600 persoas. "Cinco destas iniciativas corresponderon a obradoiros para menores de 25 anos que xa, na anterior edición, tiveron unha moi boa acollida", engadiu o delegado territorial, quen destacou os case cinco millóns de euros destinados a estas iniciativas en 2016.

A Xunta de Galicia destinará para este ano un total de 20,5 millóns de euros, preto dun 50% máis que na convocatoria inicial anterior, tanto para os programas ordinarios como para os específicos para os menores de 30 anos, que este ano pasarán a ter nove meses de duración.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou o acto para expor as vantaxes que supoñen os obradoiros de emprego como é a súa contribución a fixar poboación no rural. "Para o Goberno galego é unha prioridade o rural e, por iso, lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar con 30 millóns de euros un programa específico de formación e emprendemento no rural co que se prevé beneficiar a 13.000 persoas", matizou José Manuel Cores Tourís.

Esta iniciativa inclúe 10 medidas entre as que destacan a posta en marcha de obradoiros que centrarán a súa actividade no rural co deseño de 70 programas mixtos con contidos específicos para cada zona. Outras medidas innovadoras do plan son a Formación á porta que levará ata os concellos sen centros homologados os certificados de profesionalidade.

Cores Tourís, por último, destacou que os obradoiros, ademais de ofrecer unha formación de calidade e un acceso a un emprego cun contrato fomentan a colaboración institucional. "A formación é a chave que pode abrir oportunidades de cara ao futuro no eido laboral", indicou, ao tempo que asegurou que "ninguén coñece mellor que os concellos as demandas e necesidades dos cidadáns, as obras e servizos máis necesarios e as oportunidades de emprego de cada zona".

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  En 2017 a Xunta destinará a este tipo de iniciativas 20,5 millóns de euros, resaltando a ampliación da duración de cada obradoiro ata os 9 meses

Accións levadas a cabo neste Obradoiro:

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones