Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Concerto de Sta. Icía 2017 da Agrupación Musical do Rosal

Celebrouse o sábado 9 de decembro no Auditorio Municipal do Rosal

Esta velada festiva culminou cunha cea-baile na que participaron músicos, socios e familiares da Agrupación Musical.

Fecha: 11 de Diciembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O Auditorio Municipal do Rosal acolleu o pasado sábado día 9 de decembro un Concerto da Agrupación Musical do Rosal con motivo de Sta. Icía e en Homenaxe á Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, baixo a dirección de José Javier Bascoy Iglesias.

Previamente, ás 18:30h celebrouse unha misa na Igrexa de Sta. Mariña do Rosal na honra de Sta. Icía, patroa dos músicos, que estivo cantada pola Coral  da Agrupación Musical do Rosal.

A Agrupación Musical do Rosal celebrou este sábado a súa tradicional "Santa Icía" e rendeu homenaxe a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal

O concerto de Santa Icía é unha das datas máis esperadas dentro da axenda anual da nosa Agrupación. É unha cita esperada polo noso público, para o que tratamos de preparar cada ano un gran concerto con moito esmero e cariño; pero sobre todo polos músicos que integramos esta formación, xa que é a festividade da patroa da nosa bonita profesión. E de entre todos os que nos subimos ao escenario, é un día especialmente emotivo para os rapaces e rapazas que fan o seu debut con esta banda de música que este ano ven de cumprir o seu 31º aniversario.

Neste concerto rendeuse homenaxe a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, recoñecendo así a gran labor que realizan nos nosos montes, así como tamén a colaboración que ven prestando dende fai moitos anos ás diferentes entidades culturais e deportivas do noso concello, entre as cales se atopa a nosa.

Os actos tiveron lugar o sábado e comezaron cunha misa ás 18:30 na honra a Santa Icía, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.

A continuación tivo lugar o acto central da celebración, o concerto da banda baixo a batuta de José Javier Bascoy, que tivo lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal, no que fixeron a súa presentación os novos integrantes. O programa que este ano ofreceu a banda ven cargado de melodías, combinaron, coma na maioría das ocasións, as obras orixinais para a nosa formación, con transcricións de grandes obras sinfónicas ou líricas, buscando sempre un concerto cheo de moi boa música.

O concerto abríuse co pasodobre "Las Arenas", do compositor Manuel Morales, un dos especialistas no xénero actualmente. A continuación tivo lugar a presentación e benvida ás filas da banda dos novos compoñentes. A promoción deste ano é especialmente numerosa: nesta Santa Icía, fixeron o seu debut unha decena de rapaces e rapazas, músicos nados das aulas da nosa escola de música.

Logo, fíxose unha viaxe musical de Londres a Venecia con "Orient Express", obra do clásico compositor para banda Philip Sparke, de orixe británico. Seguindo, disfrutouse dun interesante arranxo dun dos musicais de máis éxito do Broadway dos anos 90´s, con "Miss Saigon", de Claude M. Schoenberg (autor tamén doutras obras tan famosas como Os Miserables). Como punto final, escoitouse "Con tu manta", obra do compositor canario J. M. Encinoso, que cos seus ritmos latinos fixeron as delicias do público asistente.


Esta velada festiva culminou cunha cea-baile na que participaron músicos, socios e familiares da Agrupación Musical. 

   Fotos de Sara Carrera Coímbra
 

  Celebrouse o sábado 9 de decembro no Auditorio Municipal do Rosal

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones