Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CORES TOURÍS VISITOU A COMARCA DO BAIXO MIÑO PARA COMPROBAR AS MELLORAS NO SERVIZO ELECTRICO EXECUTADAS POR FENOSA

Entre as iniciativas levadas a cabo destaca a posta en marcha o pasado ano da liña Gondomar-O Rosal que permitiu mellorar a calidade do subministro a máis de 48.000 usuarios e que supuxo un investimento de 8,4 millóns de euros

Fecha: 12 de Febrero de 2014

Fuente: Infomiño.com / Xunta - Del. Po

  •  En total, entre 2012 e 2015 estanse a executar obras nos concellos desta comarca cun investimento de máis de 500.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de O Rosal co obxectivo de comprobar as melloras realizadas para solucionar as deficiencias detectadas por Fenosa en relación ao subministro de enerxía eléctrica na comarca do Baixo Miño trala posta en marcha da liña de alta tensión Gondomar-O Rosal.

Durante esta visita estivo acompañado polo alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández, o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, así como polo delegado de Unión Fenosa Distribución en Pontevedra, Fernando Val.

Segundo informou Cores Tourís, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria e Unión Fenosa Distribución, traballaron na mellora da calidade do subministro eléctrico nos concellos de Nigrán, Baiona, Gondomar, Tui, Tomiño, O Rosal, A Garda e Oia cun investimento fixado entre 2012 e 2015 de máis de 500.000 euros.

Deste xeito, Unión Fenosa investiu entre 2012 e 2013 cerca de 160.000 euros nas actuacións e obras de adecuación e mellora de instalacións eléctricas en Media Tensión nesta comarca. As instalacións eléctricas adecuáronse, en concreto, na zona de Forcadela Couso (Tomiño), en Pedornes (Oia) e en Seixiños (A Guarda).

No concello de Tomiño, a maiores, tamén se están a executar obras por un montante de 350.000 euros co obxectivo de reforzar a alimentación desta localidade e adecuar e mellorar a calidade do subministro na zona. "Un montante total de máis de 550.000 euros nos últimos anos que teñen como obxectivo potenciar as infraestruturas de subministro de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución, especialmente nas zonas onde é necesario mellorar a calidade do servizo, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e a mellora da calidade de vida do veciños", engadiu Cores Tourís.

"Desde a Delegación Territorial mantense o obxectivo de corrixir as deficiencias de subministro eléctrico na provincia de Pontevedra. Esta é a razón pola que mantemos un marco de colaboración coas distintas empresas distribuidoras que operan na provincia para atender ás reclamacións que os veciños presentan ante a xefatura territorial de Economía e Industria", matizou o delegado territorial.   

Liña de alta tensión Gondomar-O Rosal

Especial mención fixeron tanto os responsables da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra como o delegado de Unión Fenosa Distribución en relación a posta en marcha por parte desta empresa a finais de 2013 da liña de alta tensión Gondomar-O Rosal.

Segundo explicou Fernando Val, esta liña conta cunha lonxitude de máis de 23 quilómetros "formando un anel coas subestacións de Gondomar, O Rosal e Tui. Así, todas estas subestacións están dotadas de alimentación alternativa, co que conseguimos unha mellora significativa na calidade do servizo eléctrico para aproximadamente 48.000 usuarios dos concellos alimentados por estas estacións".

O proxecto da LAT Gondomar-O Rosal supuxo un investimento de 8,4 millóns de euros. Consta dun tramo aéreo de alta tensión de 22 quilométros con 60 apoios e dous tramos subterráneos de dous quilómetros, e atravesa os concellos de Gondomar, Tomiño, Oia e O Rosal.

"Esta actuación", rematou Val, "levou aparellada a reforma en alta tensión da subestación do Rosal, cun investimento de 708.000 euros, co obxectivo de optimizar o subministro eléctrico e mellorar considerablemente a fiabilidade eléctrica da subestación".

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones