Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - FOGUEIRAS DE SAN XOÁN 2015

A tradición nos di que a fogueira hai que encendela a partires da medianoite

A tradición nos di que a fogueira hai que encendela a partires da medianoite

Fecha: 24 de Junio de 2015

Fuente: Infomiño.com

Chega a Noite de San Xoán. Esperada por moitos, esta noite máxica trae consigo innumerables tradicións e ritos que podemos seguir, según din algúns, para alonxarnos das meigas, os malos espíritus e revitalizarnos para o resto do ano.
O solsticio de verán marca o punto de inflexión para que na atigüidade (antes incluso que o cristianismo) os nosos ancestros comezaran a ver esta noite como máxica, e por iso lle dotaron, ó largo dos séculos, de lendas que inda hoxe en día seguimos como tradicións.

O máis típico desta data son sen dúbida as Fogueiras de San Xoan; e arraigadas ás propias fogueiras atopámonos cun rito que xa dende cativos nos impactaba a moitos: saltalo fogo. A tradición nos di que a fogueira hai que encendela a partires da medianoite. Saltaremos as cacharelas 9 veces (e digo 9 por non dicir 3, ou 7... xa que isto depende de onde nos atopemos) Con coidado de non queimarnos, din que isto purifica corpo e espíritu.

Outro rito que podemos facer co lume consiste en escribir nun papel os desexos que queremos que se cumpran nos próximos 365 días. Unha vez escritos os desexos, queimarémolo papel na propia cacheira. Non sei se con iso conseguiremos cumprilos nosos soños, pero sí é certo que quizáis os vexamos cunha pouquiña máis de esperanza.

Outro rito desta noite, desta vez adicado especialmente ás mulleres, é saltalas 9 olas. Din que aquela muller que queira ter fillos, deberá facer este ritual se quere ter máis posibilidades de quedarse embaraza. Neste punto existen tamén varias versións, xa que nalgúns pobos a tradición indica que para saltalas olas hai que facelo de espaldas ó mar.

San Xoan é unha noite de union. E para esperar á medianoite para poder comezar co lume, ¿qué mellor que alimentarse ben? Nisto tamén atoparemos tradicións. A sardiña como prato típico cheirará en toda cea de San Xoan que se precie (ou se está moi cara, tamén pode valer o churrasco) E para acompañala sardiña, que mellor cuns cachelos (que para quen non o sepa, son patacas cociñadas na sua propia pel) e pan de millo.

E como non, como postre e comezo da festa: a Queimada. Feita con augardente, azucre branco e unhas rodaxas de limón ou laranxa (algúns engádenlle granos de café) din que é unha bebida curativa. Tradición galega por excelencia, ven acompañada do seu propio conxuro, que fai se cabe moito máis máxica esta noite de San Xoán.

A Praza de San Cayetano en A Guarda, viviu na noite de onte unha excepcional xornada para o disfrute dos seus veciños.

Dende fai anos os veciños deste barrio de A Guarda reúnense nesta praza emblemática da vila para facer unha xuntanza gastronómica ó redos das fogueiras, nesta ocasión, preto 50 persoas participaron activamente, cada un levando comida e bebidas da súa propia casa, e como no podía faltar, asaronse sardiñas e degustaronse os "caldos" da comarca.

A música animou tamén esta noite, e soaba mentres algúns veciños se animaban a cantar cancións populares galegas, mentres que os máis pequenos, e non tan pequenos, aproveitaban para saltar as fogueiras.

Tamén no entorno da Atalaia o Clube de Remo Robaleira organizou a súa tradicional fogueira que contou cunha gran afluencia de público.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 24 de Xuño de 2015
www.infomiño.com © 2015. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones