Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - INAUGURACIÓN DAS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE ?VONTADE- DE TOMIÑO

Antes da inauguración tivo lugar no Concello de Tomiño a sinatura do convenio de colaboración para a construción da Escola Infantil de Goián

Fecha: 09 de Noviembre de 2013

Fuente: www.concellotomino.com


A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, o delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o Presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, acompañaron este mediodía ao presidente da Asociación Vontade, Miguel Pazo, durante a inauguración das novas instalacións do centro de recursos que ten esta entidade en Tomiño (Barrio A Rocha, 19B).

Máis de cen persoas acudiron ao acto de inauguración, entre usuarios do centro, asociados da entidade, patrocinadores e financeiros; alcaldes dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tui, representantes de entidades locais e da Xunta de Galicia, Tourís.

Ás 12:00 procedeuse ao descubrimento dunha placa de inauguración, e logo realizouse unha visita polo centro, co fin de amosar as distintas actividades que se levan a cabo nos talleres. A visita rematou coas declaracións das autoridades presentes.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou que a Xunta incrementará nos orzamentos de 2014 a partida global destinada ás persoas con discapacidade, e lembrou que o Goberno galego puxo en marcha o primeiro Plan de Acción Integral para as persoas con Discapacidade, que contou con máis de 300 medidas que beneficiaron a 100.000 persoas.

A alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González, pola súa banda, felicitou á directiva de Vontade polo seu "tesón e esforzo" durante os últimos dez anos (hoxe celebraban o décimo aniversario), que deu coma froito, este centro de recursos, pioneiro na comarca. Agradeceu ao presidente da asociación, Miguel Pazo por elixir Tomiño para a construción das instalacións, próximas ao Centro de Día, e moi especialmente á Comunidade de Montes de Tomiño, pola súa xenerosidade e colaboración permanente en favor da veciñanza, xa que foi esta entidade a que cedeu os terreos necesarios para construír o centro de Vontade; o mesmo que ocorreu cos centros de Día e de Saúde.


Convenio Escola Infantil de Goián
Por outra banda, a alcaldesa de Tomiño e a conselleira de Traballo e Benestar, en calidade de presidenta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, asinaron ás 11 da mañá un convenio de colaboración para a construción da nova Escola Infantil de Goián.

Esta obra ten un orzamento de 610.000 euros, achegando o Concello de Tomiño o 40% dos fondos necesarios, ademais de ceder os terreos e a antiga casa médica de Goián, para a execución da nova escola infantil, con 61 prazas de 0 a 3 anos, que virían a sumarse ás máis de 40 que ten a Escola Infantil do Seixo.

Nas próximas semanas está prevista a adxudicación das obras.

Galería Fotográfica de Infomiño Noticias

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones