Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - INAUGURACIÓN XXI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Foi inaugurada o pasado Venres 19 de Xullo de 2013 na Praza do Calvario do Rosal

Fecha: 22 de Julio de 2013

Fuente: Infomiño.com

 
O pasado Venres día 19 de Xullo de 2013 tivo lugar na Praza do Calvario do Rosal a inauguración da XXI Feira do Viño do Rosal, un evento no que participaron 10 adegas da Subzona de O Rosal da DO Rías Baixas.

O acto de inauguración contou cunha amplia representación de autoridades da Comarca do Baixo Miño, contando coa presenza da totalidade de alcaldes, así coma o Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras, Sr. Agustín Hernández, o Secretario Xeral para o Deporte, Sr. José Ramón Lete Lasa, o Delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Sr. José Manuel Cores Tourís, o Xefe Territorial de Educación, Sr. César Ares, así coma diferentes representantes de Asociacións, Partidos Políticos e outros colectivos.

A persoa encargada de inaugurar a Feira foi o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D.Jesús Vázquez Abad.

O pregoiero este ano foi Alberto González Prelcic, quen acadou a Estrella Michelín 2012 no Restaurante Silabario de Tui.

A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

A XXI Feira do Viño contou coa presenza de 10 adegas, 1 de produtos vexetais, Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e Ruta do Viño Rías Baixas, Municipio de Ponte de Lima.

Ademáis de carpas con produtos gastronómicos (polbo, embutidos, postres caseiros e un Stand de Voluntariado da Feira do Viño. Ante a chegada de visitantes que veñen expresamente á Feira do Viño do Rosal, ou que veranean pola zona nestas datas, xurde a necesidade de ofrecerlles un servizo de atención e información completa sobre o concello e a súa zona, a feira e as súas adegas.
Por todo iso un ano máis o grupo de voluntariado do Concello do Rosal prestou o seu tempo e formación a disposición dos visitantes da feira do Viño.

Durante o transcurso do fin de semana difrutouse de amenizacións musicais a cargo da Charanga Os zanfonos, Charanga Air Jalisia e Charanga 5 máis 1.

A XXI Feira do Viño do Rosal contou además con varias exposicións coma a Exposición de PINTURA do GRUPO IMPÁS, ESCULTURAS de JOSÉ LUÍS RODRÍGUEZ CORREA, ou a XX MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO "VAL DO ROSAL"

A XX Exposición FILATÉLICA a cargo do Grupo Filatélico e Numismático VAL DE O ROSAL. O grupo Filatélico, igual que nas en anteriores edicións da feira do viño realizou un cuño conmemorativo do 25 evento. Este cuño estampouse na correspondencia que saíu do Rosal durante os días da Feria.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso e Belén Domínguez

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones