Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - INAUGURADAS EN TOMIÑO CON ÉXITO DE PARTICIPACIÓN AS XORNADAS NOVAS ALTERNATIVAS PARA O AGRO

As conferencias estenderase ata as 20.30 horas, coa presenza de profesionais e expertos que relatan a súa experiencia para mellorar a produción, transformación e comercialización no sector do agro

Entre as 150 persoas que asisten coma público, atópanse viveiristas, empresarios e produtores, así coma xente nova e emprendedora, interesada no sector do agro.

Fecha: 16 de Mayo de 2014

Fuente: Infomiño.com / Concello Tomiño

Inauguradas as Xornadas Novas Alternativas para o Agro. Esta mañá, ás 9.30 horas, a alcaldesa de Tomiño e presidenta do AGDR18, Sandra González, inaugurou as "Xornadas Novas Alternativas para o Agro", que se celebrarán durante todo o día de hoxe na Casa da Cultura.
Acompañaron á alcaldesa Moisés Rodríguez, deputado provincial e Javier Blanco, subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Atopábanse tamén presentes os técnicos do AGDR 18, Marco García, Eva Gil e Chaty González. O primeiro aproveitou para lembrar aos presentes que continúa aberto ata o ano que vén o prazo para solicitar axudas con cargo a fondos Leader.

Entre as 150 persoas que asisten coma público, atópanse viveiristas, empresarios e produtores, así coma xente nova e emprendedora, interesada no sector do agro.

A alcaldesa de Tomiño explicou que estas xornadas se organizan co propósito de dinamizar o rural, o mesmo que pretendían outras accións promovidas polo AGDR 18 (Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño), encargado de xestionar Fondos Leader na zona dende o ano 2007.

Entre estas outras accións figuran as recentes xornadas sobre froitos do bosque celebradas en O Rosal e a Mostra de Cultivos do Baixo Miño.

Sandra González informou aos 150 participantes que a xestión do AGDR 18 na edición 2007-2013 investiu en proxectos de dinamización máis de 4 millóns de euros de fondos públicos, e conta con máis de dous e medio para o período 2014-2015. Polo mesmo, animou aos emprendedores e empresarios do sector do agro a presentar as súas ideas aos técnicos da asociación e ver a viabilidade dos seus proxectos.

O deputado provincial e alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, pola súa banda, felicitou ao Grupo de Desenvolvemento Rural AGDR 18, polo traballo desenvolvido nos últimos anos e confirmou o apoio da Deputación a este tipo de proxectos que xeran riqueza na zona.

Na mesma liña, se manifestou Javier Blanco, de Agader, asegurando que "o AGDR 18 é un dos grupos que mellor funcionan en Galicia, pola súa xestión e preocupación pola dinamización do rural".

As xornadas estenderase ata as 20.30 horas, coa presenza de profesionais e expertos que tentarán relatar a súa experiencia para mellorar a produción, transformación e comercialización no sector do agro.

A primeira das conferencias "A produción de castaña en Galicia. Situación actual e perspectivas de futuro", estivo a cargo de Manuel López Pérez, secretario da IXP Castaña de Galicia e coordinador da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres. O experto explicou que existen en Galicia 70.000 hectáreas de castiñeiros, 38.000 das cales están aproveitadas.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones