Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Infraestruturas licita por un millón de euros a mellora do firme de varias estradas da comarca do Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá O Rosal onde se investirán case 158.000 euros na reforma da PO-353

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá O Rosal onde se investirán case 158.000 euros na reforma da PO-353

Fecha: 01 de Junio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na mañá deste mércores o Concello do Rosal para anunciar a licitación das obras de mellora do firme de varias estradas da comarca do Baixo Miño que executará a Consellería de Infraestruturas e Vivenda por un montante global dun millón de euros.
 

A licitación destas obras foi publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, e no caso concreto do concello do Rosal, permitirán mellorar o firme da estrada PO-353, cun orzamento de case 158.000 euros, permitindo mellorar o pavimento existente entre os puntos quilométricos 3,100 e 7,710 a través do fresado das zonas que presentan gretas así como a reposición da capa de rodaxe de 5 centímetros de espesor con formigón asfáltico, previa extensión de rego de adherencia. Tamén se demolerá e retirará o firme das zonas de existencia de blandones nun ancho non inferior a 2 metros e se reporán as marcas viais. En total, melloraranse 4,61 quilómetros.
 
Por outra banda, no DOG tamén se contempla a licitación doutras obras similares para estradas autonómicas da comarca do Baixo Miño.

Deste xeito, melloraranse 1,64 quilómetros entre la PO-195 en Forcadela e a PO-552, no concello de Tomiño, co fresado da totalidade da superficie da plataforma, con reposición de capa de rodaxe, extensión de rego de adherencia e reposición de marcas viais, así como instalación de nova sinalización horizontal na intersección situada no punto quilométrico 1+050.

Neste mesmo concello, mellorarase tamén a PO-344 entre Forcadela e Couso ao longo de 12,35 quilómetros, con fresado, reposición de capa de rodaxe e repintado con reposición de marcas viais. A obra executarase entre os puntos quilométricos 2,500 e 12,300, e naquelas áreas nas que se observen proliferacións de fisuras sobre a rodaxe levarase a cabo un proceso de selado mediante mástico de betunes modificados con elastómeros, previa limpeza das oquedades.

En Oia, na PO-552, levaranse a cabo actuacións de melora no tramo que vai do quilómetro 33 ao 34 onde se fresarán as superficies que presenten patoloxías, repoñéndose a capa de rodaxe e as marcas viais. A o longo de toda esta estrada, que conta con 71 quilómetros e enlaza Vigo con Tui, mellorarase a simboloxía existente, e, ademais, entre os puntos quilométricos 33 e 36 repintarase e reporase a liña do eixe e as marcas viais do borde da calzada.

Finalmente, na estrada que une Virxe do Camiño con Cela entre Tui e Porriño, na PO-342, tamén se actuará sobre un total de 10,74 quilómetros, entre o punto 0 e o 10,74. Levarase a cabo o fresado de zonas en mal estado, reporase a capa de rodaxe e demolerase o firme. Tamén se repintará e se colocarán 3 sinais verticais e unha barreira de seguridade dobre para a protección fronte a desnivel.

Tal e como engadiu José Manuel Cores Tourís, ademais de todo o anterior, tamén se renovarán as marcas viais de 14 estradas da provincia, todas elas autonómicas: PO-010, a PO-241, a PO-244, a PO-250, PO-253, PO-324, PO-325, PO-331, PO-332, PO-350, PO-355, PO-363 e PO-510.

"En total, estamos a falar dun proxecto de case un millón de euros", explicou o delegado territorial, quen rematou recordando "o esforzo que está a facer a Consellería de Infraestruturas neste senso, dada a importancia de manter as estradas en boas condicións de cara a garantir a seguridade viaria".

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá O Rosal onde se investirán  case 158.000 euros na reforma da PO-353

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones