Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - LOUZÁN ENTREGA UN TRACTOR E UNHA FURGONETA AO CONCELLO DE O ROSAL E ACORDA ESTUDIAR INVERSIÓN DE 500.000 ? PARA AMPLIAR A HUMANIZACIÓN E MELLORA DA ESTRADA A LOMBA-COUSELO

Inspeccionou as obras realizadas cunha inversión de 800.000? nesta vía na que se urbanizou un tramo e se construeu unha glorieta na subida a Couselo

Rafael Louzán e Jesús Mª Fdez. Portela diante do tractor e a furgoneta entregados ó Concello do Rosal

Fecha: 15 de Enero de 2014

Fuente: Infomiño.com / www.depo.es


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, fixo entrega  ao Concello de O Rosal dun tractor desbrozador e dunha furgoneta de vías e obras que a institución provincial concedeu ao concello dentro do seu Plan de Infraestruturas (PID).
No curso dunha visita que o presidente realizou ao concello para revisar diversas obras que a Deputación leva a cabo no Rosal, Louzán entregou un tractor, valorado en 46.358 euros, destinado ao uso en vías e camiños estreitos. Por esa razón, tén un ancho inferior a 1,6 metros con desbrozadora de cadeas e un brazo hidraúlico lateral. A furgoneta supuxo unha inversión de 38.036 euros.

Humanización ata a VR Tui-A Garda
Louzán visitou tamén as obras de mellora da estrada A Lomba-Couselo, que realizou a empresa Pérez Portela, nas que a Deputación invisteu 800.000 euros para mellorar a seguridade vial. Con este fin, urbanizou un tramo da estrada e construeu beirarrúas, aparcamentos, servizos de canalización de enerxía, alumeados, telefonía, etc. e acometeu o abastecemento de augas. Dentro desta obra, colocou tamén unha glorieta na subida a Couselo e unha ponte sobre o río Tamuxe cunha pasarela laminada, así como a sinalización integral do tramo.
Na inspección desta obra, Louzán acordou co alcalde Jesús Fernández Portela estudiar unha posible ampliación dos traballos, dos que xa está realizado o proxecto. Suporá unha nova inversión de 500.000 € para humanizar a vía ata o enlace coa VAC Tui-A Garda.

Igrexa, pavillón e depósito de Martín
Outros dos traballos inspeccionados polo presidente da Deputación foron o pavillón municipal e a igrexa parroquial nos que a institución provincial levou a cabo diversas melloras. Louzán visitou tamén as instalacións das Samaritanas de A Garda, entidade coa que a Deputación colabora en distintos asuntos como un programa de Desenvolvemento Personal da Muller ou a adquisición de cadeiras
Na entrevista mantida co alcalde, o presidente da Deputación anunciou que no Plan de Obras e Servizos a institución reparará o depósito municipal de auga potable do núcleo rural de Martín, na parroquia de Santa Mariña, cunha inversión de 112.000 euros.
Este depósito tén unha capacidade de 1.600 metros cúbicos e na actualidade presenta diversas deficiencias como gretas, falta de impermeabilización, filtracións, fisuras nas paredes e outros que ocasionan perdas de auga e problemas de salubridade. A Deputación construirá unha nova cuberta e correxirá os danos actuáis.
Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones