Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Máis de 60 stands participan este domingo no Biomercado de Tomiño

Charlas, obradoiros, animación e unha ampla oferta gastronómica para pasar este domingo no Seixo

Charlas, obradoiros, animación e unha ampla oferta gastronómica para pasar este domingo no Seixo

Fecha: 23 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O Biomercado de Tomiño chega este domingo a súa III edición. Este domingo 24 de setembro o Concello de Tomiño pon en marcha unha nova edición do Biomercado, no que terán cabida máis de 60 expositores dos que a lo menos 20 estarán adicados á alimentación saudable. Os organizadores do Biomercado, Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño, Antonio Tartagione, concelleiro de promoción económica e Carlos Rodríguez de Ekohuerta, fixeron a presentación aos medios no mercado de Tomiño.

As diferentes actividades terán lugar na Praza do Seixo, na súa contorna é no mercado. Así mesmo a Casa do Concello albergará diversas charlas e conferencias.


Os praceiros do Mercado de Tomiño tamén participan activamente no Biomercado, cunha variada oferta de produtos e actividades.
O Biomercado consolida-se como unha cita anual para a posta em valor é dinamización do comércio local, e supón unha ratificación da aposta do concello polo benestar, a ecoloxía, a biocultura, o mercado de proximidade e a dinamización do mercado local.

A programación iníciase coa apertura dos postos ás 11h. Ao longo de todo o día desenvolveranse obradoiros relacionados coa cociña é a gastronomía, como a elaboración de almíbares, con Amparo Grandío, extracción de mel por Apícola Requeira, comida vegana, etc. Ademáis Terán lugar charlas de temas diversos como a Vespa velutina a cargo de Claudio Fraga, minicharlas sobre compra saudable, plantas silvestres, interpretación nutricional da etiquetaxe a cargo de Silvia Méndez, etc.
Simultaneamente haberá actividades lúdicas tales como música en directo, zumba, cociña infantil, maxia, e unha intensa actividade de oferta degustativa.

Cabe mencionar, como novidade de interese, as mini charlas na Casa do Concello sobre a lista da compra e técnicas de cociña biosaudables, a etiquetaxe nutricional e o uso das plantas silvestres na alimentación, a cargo da bióloga Silvia Méndez e do experto en agricultura ecolóxica, Sergio Mejide.

Programación de actividades:

MERCADO DE TOMIÑO: Nos postos do mercado poderás tomar tapas e petiscos

11:00 - Taller almíbares na conservación. Amparo Grandío, Artesana conserveira

11:30 - Taller de comida vegana no mundo

12:00 - A vespa Velutina, qué facer? Claudio Fraga, apicultor

12:30 - Extracción de mel en vivo por Apícola Requeira

18:00 -  A vespa Velutina, qué facer? Claudio Fraga, apicultor

18:30 - Extracción de mel en vivo por Apícola Requeira

PRAZA DO SEIXO: Zona gastronómica, postos de venda e actuacións

11:00 - Apertura dos postos

12:30 - Actuación: O mago SAMU

13:30 - Música en directo con AcevedosDelgados

17:00 - Taller de cociña infantil:Pizzas artesanais

18:00 - Ponte en forma coa Zumba de Andreía 

19:00 -  Actuación: O mago SAMU

CASA DO CONCELLO: Minicharlas da bióloga Silvia Mendez de V de Vexetal

12:00 - A lista da compra bio e saludable

12:40 - Como introducir as plantas silvestres na cociña

13:20 - Técnicas culinarias saudables

12:00 a 14:00 - Como interpretar a etiquetaxe nutricional dos alimentos: Queres saber o que comes? Trae o envoltorio e cho explicamos con Sergio Mejide experto en agricultura ecolóxica.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 

  Charlas, obradoiros, animación e unha ampla oferta gastronómica para pasar este domingo no Seixo

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones