Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARON NA MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLA ANPA DO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER

A movilización transcurríu entre o CPI Manuel Suárez MArquier e a Praza do Calvario do Rosal

Momento da movilización do pasado Sábado 27 de Setembro no Rosal

Fecha: 29 de Septiembre de 2014

Fuente: Infomiño.com

Na mañá do pasado Sábado día 27 de Setembro de 2014, máis dun centenar de pais e alumnos do CPI Manuel Suárez Marquier percorreron as rúas do Rosal entre o centro educativo e a Praza do Calvario para continuar coas súas reinvindicacións ante a falla dun profesor co que contaban inicialmente ó inicio do curso académico 2013/14.

Na asemblea máis numerosa que se recorda da Asociación de Nais e Pais do CPI Manuel Suárez Marquier celebrada o pasado mércores día 24, a directiva da asociación deu conta das dúas reunións mantidas co Inspector Xefe de Educación de Pontevedra. Informouse que nestas reunións a Consellería sigue sen aceptar o nomeamento doutro profesor que lle corresponde ao centro por lei.

A asemblea decidíu continuar coas medidas de protesta, que se concretaron na realización desta manifestación e continuando co peche no centro escolar, ademáis de dirixirse ao Alcalde e a todas as forzas políticas do Concello para que apoien e medien ante da Consellería de Educación para solucionar o conflicto, acadando un apoio unánime na sesión plenaria realizada este pasado Sábado no Rosal.


Comunicado da Consellería
A Xefatura Territorial de Cultura e Educación en Pontevedra lémbralle á comunidade educativa do CPI Suárez Marqués de O Rosal que, na actualidade, o centro conta con profesorado suficiente para atender todas as necesidades do colexio, como se desprende do feito de que non sexa necesario un segundo profesor de ximnasia por non ter nin alumnos nin horas para impartir a docencia e que o actual equipo de mestres conta con máis de 70 horas de carga lectiva.

A suma das horas de carga lectiva das que dispoñen entre todos os profesores do centro de O Rosal permite que sexan asumidas, perfectamente, todas as actividades e servizos necesarios para o correcto funcionamento do colexio, como a xestión da biblioteca ou a atención a diversidade.

Recordar a comunidade educativa do CPI Suárez Marquier que o centro debe optimizar os seus recursos. Así, sinalar que o docente de educación física co que conta nestes momentos o centro está a impartir 20 horas lectivas, cando por decreto pode impartir ata 25 horas, polo que a demanda dun segundo profesor desta materia non tería senso, ao non ter alumnos aos impartir Educación Física. A maiores, o centro conta con dous profesores de lingua inglesa que imparten 28 horas de clase e aínda teñen outras 22 horas para chegar a completar o seu horario completo.

O catálogo de cada centro debe ser aplicado segundo a realidade do mesmo. Deste xeito, nalgúns casos, como é o do propio colexio de O Rosal, aumentouse o número de profesorado, en especial, en relación ao profesorado especialista para atender necesidades educativas especiais. Deste eito, o CPI Suárez Marquier conta a maiores, fora do seu catálogo, cun profesor de Audición e Linguaxe compartido co CRA María Zambrano.

Este mestre foi otorgado fora do catálogo, o que ven a demostrar que este instrumento é flexible e se adapta as necesidades dos centros. De atenderse só ao catálogo, o profesor de Audición e Linguaxe non lle correspondería a este centro, xa que ten dez unidades e non trece como marca o documento, con ratios de alumnos moi baixas: conta só cun aula de 1º curso con 17 alumnos, e outra de 2º curso, con 19 escolares. De feito, este CPI ten perdido alumnado nos últimos anos, o que fai necesario adaptar o número de docentes ás necesidades reais do alumnado


Dende a Consellería de Educación, laméntase a politización que se está a facer desta demanda da comunidade educativa e recordar que a asemblea na que se decidiu levar a cabo unha manifestación de protesta tivo moi escasa afluencia de pais e nais.


Apoio de CIG Ensino
A CIG-Ensino rexeita a actitude da Xefatura Territorial que responde aos problemas educativos con prepotencia e utilizando a web institucional da Consellaría para insultar o profesorado e os pais e nais dos centros que reclaman atención ás súas necesidades

Apopio ás mobilizacións convocadas para este venres e sábado:

A CIG-Ensino expresa o seu apoio ao profesorado e pais e nais do CPI Suárez Marquier no Rosal e o CEIP Feliciano Barrera de Ponteareas. Estes dous centros levan varios días mobilizados, no CPI Suárez Marquier profesorado e nais e pais permanecen pechados desde o día 10 de setembro e no CEIP Feliciano Barrera están a concentrarse cada día ao remate da xornada escolar.
Estes centros reclaman unha cuestión elemental que é que se cumpran os catálogos en vigor, é dicir, a orde aprobada en 2010 (2013 para o CEIP Feliciano Barrera) na que se establece canto profesorado e de que especialidades lles corresponde a estes centros en función do número de unidades que teñen. Un cadro de persoal que se viu cumprindo até finalizar o curso 2013-2014, mais que hoxe, inexplicabelmente, o Xefe Territorial de Pontevedra se nega a cubrir.
A CIG-Ensino presenta recurso para esixir o cumprimento da orde de catálogos:
Nesta situación, a CIG-Ensino que procurou en todo momento solucionar a problemática destes centros mediante o diálogo e a negociación na Xefatura Territorial, vai presentar recurso contra a Adxudicación de profesorado para este curso, por non cumprirse o que manda a Orde de catálogos para estes dous centros e outros tres na provincia de Pontevedra.
Neste momento, a Xefatura territorial está negando a cobertura do profesorado que marcan os catálogos ao CPI Suárez Marquier en que falta o segundo profesor de Educación Física e aos CEIPs Feliciano Barrera en Ponteareas, Barrantes en Tomiño, CEIP de Abelendo e EEI de Verducedo en Moaña, nestes catro casos non adxudicando a cuarta praza de infantil que está establecida para os centros que superan as tres unidades.
Desatención das necesidades educativas por parte da Xefatura Territorial:
A día de hoxe, no sur da provincia de Pontevedra, danse tamén outros problemas que poñen en evidencia a falta de interese da Xefatura Territorial por atender as necesidades dos centros e dotalos cos recursos necesarios para abordar as tarefas que lles corresponden.
É co caso do Concello de Tui en que os sete centros de Infantil e Primaria solicitaron o incremento do profesorado de Audición e Linguaxe (AL) para poder atender debidamente todos os casos de necesidades específicas que se producen nos centros do concello. Mais a Xefatura Territorial, en lugar de atender a petición dos centros, asignando un profesor de AL máis este curso (serían un total de 6) comezou reducíndolles o profesorado de AL respecto do que tiñan o ano pasado. A día de hoxe a Xefatura territorial manifestou que vai manter a situación do ano pasado, 5 AL, mais este compromiso aínda non se efectivizou. En todo caso, para a situación actual dos centros, en que se incrementaron as necesidades educativas específicas respecto do ano pasado, 5 profesores de AL son insuficientes.
En canto á implantación da FP Básica, comprobamos precipitación e desinterese polo alumnado do ensino público.
No Val Miñor redúcese a oferta respecto dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que existían o ano pasado, pois desaparecen os dos dous centros de Secundaria de Gondomar e o do CPI de Panxón. No caso concreto de Gondomar, carecen de oferta, o que implica que o alumnado ao que se lle recomende realizar esta FP terá que desprazarse do concello, sucedendo que, ao non contar o Val Miñor cun transporte axeitado, o alumando de Gondomar ten que escolarizarse en Vigo (se pode facelo) e non sempre atopa prazas suficientes na pública, pois a realidade é que mentres se reduce a oferta para este alumnado na pública, pois son menos os cursos de FP Básica cós PCPI que se ofertaban antes, si se incrementou o número de unidades concertadas na privada (79) unha maioría delas de FP Básica, precisamente.
A oferta de FP Básica redúcese no Val Miñor ao IES Escolas Proval, en Nigrán, e o IES 1º de Marzo en Baiona. Mais neste segundo caso a Consellaría impón unha modalidade de formación que non pertence á familia de FP que se imparte no centro, o que crea un problema organizativo e de recursos para a atención deste alumnado que comezou as súas aulas o día 15. Tal e como o centro lle trasladou á Xefatura Territorial non contan nin coas instalacións nin cos recursos necesarios para impartir a FP Básica de Electricidade e electrónica, mais esta circunstancia parece non importarlle á Administración.
A resposta da Xefatura Territorial ás necesidades dos centros é insultos ao profesorado e desprezo das comunidades educativas afectadas:
Ante as xustas e xustificadas demandas dos centros, a resposta do Xefe Territorial de Pontevedra, Pérez Ares, é de prepotencia e desprezo, utilizando mesmo a páxina web de Educación para insultar o profesorado ou mesmo enviarlle mensaxes coercitivas do tipo: "a Consellería agarda que o centro adopte unha actitude responsable en prol do beneficio do alumnado, evitando calquera instrumentalización deste asunto fóra das marxes do sistema educativo".
Desde o día 10 de setembro a Consellaría non se privou de utilizar a páxina web institucional de Educación para desprezar as demandas dos centros. Así sucedeu co CPI Suárez Marquier, CEIP Feliciano Barrera e IES 1º de Marzo, aos que foi respondendo na web institucional ocultando a realidade legal dos centros, é dicir que contan cun catálogo de profesorado que lle establece que o profesorado que reclaman é o que lles corresponde por lei, manipulando os datos das rateos das aulas para desacreditar o centro, ou directamente mentindo sobre a dotación dos centros, como no caso do IES 1º de Marzo.
A CIG-Ensino denuncia esta actitude da Administración e manifesta o seu apoio a todos estes centros. A CIG-Ensino estará presente nas mobilizacións previstas para este venres e sábado e en datas vindeiras reclamará da Xefatura Territorial, unha vez máis, que resolva todas e cada unha das incidencias dos centros e cese na súa actitude irrespectuosa coas traballadoras e os traballadores dos centros educativos.
www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 27 Setembro 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones