Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - MEDIO RURAL DESTINARÁ CASE 244.000 EUROS Á MELLORA DE CAMIÑOS NA COMARCA DO BAIXO MIÑO

Na reunión estivo presente o alcalde da localidade, Jesús María Fernández, así como o xefe do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, Julián Alvira.

Fecha: 05 de Noviembre de 2013

Fuente: Infomiño.com / Xunta - Del. Po

  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou o concello de O Rosal onde destacou os máis de 2 millóns de euros destinados a esta comarca dende 2009 para traballos de reforma e reparación de camiños rurais (PEIM, PDRS, emerxencias...)
  • Dende esa mesma data, o investimento en infraestruturas agrarias na provincia de Pontevedra superou os 35,7 millóns de euros
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de O Rosal para anunciar as axudas que van recibir os concellos da comarca do Baixo Miño dentro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/14.
Na reunión estivo presente o alcalde da localidade, Jesús María Fernández, así como o xefe do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, Julián Alvira.
Durante a visita, o delegado territorial tamén coñeceu o proxecto de limpeza do sendeiro de pescadores que puxo en marcha este concello do Baixo Miño grazas as axudas aportadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a recuperación e conservación de espazos naturais en concellos que contan con zona de Rede Natura 2000.
Neste senso, destacou os 6.890 euros que recibiu O Rosal para a restauración, limpeza e sinalización do sendeiro de pescadores da localidade. En total, este concello conta con 449,12 hectáreas de Rede Natura, o que supón o 10,19% do seu territorio. Pola súa banda, o concello aportou 14.000 euros máis para o remate destes traballos.
En relación á mellora dos camiños rurais, José Manuel Cores Tourís destacou os 243.721 euros que se van a destinar á comarca do Baixo Miño dentro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal e que permitirán executar traballos de recuperación de vías rurais de comunicación e acceso a fincas e explotacións.
"Estes traballos levaranse a cabo a través de subvencións en réxime de concesión directa e a través de criterios de diversa natureza como é o número de habitantes de cada concello, a superficie, a súa agrariedade, grado de despoboamento, etc...", engadiu o delegado territorial.
José Manuel Cores Tourís fixo tamén mención aos investimentos realizados neste mesmo eido dende 2009 nesta comarca, basicamente destinadas á mellora da calidade de vida da poboación rural a través da reforma de camiños rurais de acceso a explotacións e parcelas por un importe de máis de 2 millóns de euros.
En concreto, en relación ao Plan Marco, A Guarda investirá 40.237 euros na pavimentación da rúa Proba e Morouco. Oia investirá 43.739 euros para a mellora de camiños de Vilariño, Viso e Copertino, mentras O Rosal fará o mesmo nos camiños de Ferreiros, Pias, Viso dos Eidos e Estrada de Urgal, por un montante de 41.215 euros. Finalmente, Tomiño destinará 60.891 euros para a pavimentación dos camiños de Solleiro-Gabín na parroquia de Forcadela e Tui investirá 57.637 euros na mellora dos camiños das parroquias de Pazos de Reis, Caldelas e Paramos.
"A maiores, sería interesante explicar tamén que, no global da provincia de Pontevedra destinaranse ao longo do presente ano para este tipo de traballos, 2,7 millóns de euros", engadiu Cores Tourís.
As obras executadas dende 2009 céntranse en melloras de infraestruturas viarias, en acceso a explotacións, reposición de capa de rodaxe, adecuación de camiños e mellora de abastecementos de auga e saneamentos.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que "poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural".
Dende 2009 a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra máis de 35,7 millóns de euros en diversos programas de infraestruturas agrarias, tanto en traballos de emerxencia, mellora de camiños rurais, concentracións parcelarias, etc.
Galería Fotográfica de Infomiño Noticias

 

 

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí