Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - MOVILIZACIÓNS NO ROSAL POLA FALLA DUN DOCENTE PREVISTO INICIALMENTE PARA ESTE CURSO ACADÉMICO

Onte iniciouse un peche indefinido nas instalacións do CEIP Manuel Suárez Marquier do Rosal

Na xornada do Mércores día 10 de Setembro de 2014 a ANPA do CEIP Manuel Suárez Marquier do Rosal decidíu facer unha asamblea extraordinaria

Fecha: 11 de Septiembre de 2014

Fuente: Infomiño.com

 

Na xornada do Mércores día 10 de Setembro de 2014 a ANPA do CEIP Manuel Suárez Marquier do Rosal decidíu facer unha asamblea extraordinaria, convocanto a pais de alumnos deste Colexio para explicarlles a problemática xurdida no inicio deste ano académico pola falla dun profesor co que contaban inicialmente entre o profesorado do centro.

Dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria manifestan: "A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, diante da convocatoria de peche feita pública hoxe polo CPI Suárez Marqués do Rosal, lémbralle á comunidade educativa que o centro conta co plantel de profesorado preciso para atender as necesidades do centro. Neste sentido, cómpre sinalar que o docente de educación física co que conta nestes momentos o centro está a impartir 20 horas lectivas, cando por decreto pode impartir ata 25 horas. "Así as cousas- aclarou o xefe territorial da Consellería na provincia de Pontevedra- a reclamación dun segundo profesor de educación física que está a facer o CPI do Rosal non ten ningún sentido xa que, ter 2 profesores suporía que cda un deles impartise tan só 10 horas".

Pérez Ares explicou ademais que o centro, que ten 10 unidades de educación primaria, conta con ratios moi baixas. "De feito, só ten unha aula de 1º curso, con 17 alumnos, e outra de 2º curso, con 19 escolares", dixo. A este respecto o xefe territorial engadiu que este CPI ten perdido alumnado nos últimos anos, o que fai necesario adaptar o número de docentes ás necesidades reais do alumnado."

Dende a ANPA do CEIP Manuel Suárez Marquier manifestan:

"Pais, nais e profesorado do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal iniciaron hoxe día 10 de setembro un peche indefinido ás 20,30 horas no centro de ensino. A comunidade educativa rosalense demandan a Consellería de Educación o cumprimento da lei en canto a profesorado, xa que hoxe comenzaron as clases con un profesor menos do que lles corresponde segundo o catalogo de profesorado en vigor.

Aclaran tanto dende a ANPA como dende a asemblea de profesores e profesoras que non hai ningún motivo razonable para que o noso centro sexa tratado de xeito distinto a outros centros que teñen o mesmo número de unidades. Engaden ademais que a maioría das aulas de primaria no CPI están moi masificadas e que contan con un considerable número de alumnos que necesitan apoios educativos."

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 10 de Setembro de 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones