Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - Multitude de incidencias en Galicia pola Borrasca Elsa

Os ventos fortes predominaron ao longo desta xornada, froito disto foi o dato recollido na estación meteorolóxica de Castro Vicaludo en Oia, cunha racha máxima de vento que chegou aos 152.3 km/h

Os ventos fortes predominaron ao longo desta xornada, froito disto foi o dato recollido na estación meteorolóxica de Castro Vicaludo en Oia, cunha racha máxima de vento que chegou aos 152.3 km/h

Fecha: 19 de Diciembre de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar un total de 376 incidencias debido aos fenómenos meteorolóxicos adversos por costeiros, vento e choivas de nivel laranxa que están a afectar a nosa comunidade entre as 00:00 e as 18:00 horas de hoxe.

A caída de árbores e pólas en vías de circulación (132), actuacións de prevencións de risco (64), obxectos varios nas estradas (37), restos de cables da luz e do teléfono nas calzadas (22), Anegamentos en estradas (15) e inundacións en vivendas (12) foron as incidencias que máis se repetiron.

Na comarca do Baixo Miño en Oia a caída dun poste do tendido eléctrico na zona do cemiterio e a caída de cables de alta tensión sobre a estrada PO-552 foron as incidencias máis destacadas, esta última obrigou ao corte da circulación na estrada que comunica A Guarda e Baiona, ocasionando importantes retencións ao longo de máis dunha hora, desprazándose ata o lugar axentes da Guardia Civil de Tráfico e da compañía eléctrica.

Na Guarda a incidencia máis importante foi o derrube de 3 das carpas instaladas na Praza Avelino Vicente e que formaban parte do Mercado de Nadal do Municipio, obrigando a desprazarse á Policía Local e ao GES da Guarda que procederon a acordoar a zona para evitar máis danos materiais.

No resto da comarca, caídas de polas de árbores, pequenos deslizamentos de terra e balsas de auga sobre as estradas foron algunhas das incidencias máis salientables nesta xornada de meteoroloxía adversa con Alerta Laranxa por costeiros e vento e Alerta Amarela por choivas.

A situación no mar continúa a ser perigosa, con forte ondaxe que impedíu aos mariñeiros saír a faenar coa frota amarrada en Porto.

Os ventos fortes predominaron ao longo desta xornada, froito disto foi o dato recollido na estación meteorolóxica de Castro Vicaludo en Oia, cunha racha máxima de vento que chegou aos 152.3  km/h e choivas acumuladas de 28l/m2.

Pola súa banda a estación meteorolóxica de Areas en Tui rexistrou 24.8  L/m2 de choiva acumulada e unha racha máxima de vento de 49.4  km/h, no caso da estación meteorolóxica de As Eiras no Rosal, rexistráronse choivas acumuladas de 25.4  L/m2 e racha máxima de vento de 71.7  km/h.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

  Os ventos fortes predominaron ao longo desta xornada, froito disto foi o dato recollido na estación meteorolóxica de Castro Vicaludo en Oia, cunha racha máxima de vento que chegou aos 152.3  km/h

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí