Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - NADAL NO MERCADO TOMIÑO 2015

Numerosa afluencia ó Mercado de Tomiño na pasada fin de semana cunha gran oferta comercial e gastronómica

A variedade de oferta comercial propiciou unha moi boa acollida de público.

Fecha: 14 de Diciembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

O Concello de Tomiño organizou un -mercado gastronómico e artesanal- e ADETO o -merca Nadal-.
O evento forma parte da programación "Nadal no mercado".

O Concello de Tomiño e a Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO) organizaron o "mercado gastronómico e artesanal" e o "merca Nadal" no mercado do Seixo e na rúa da Guarda na pasada fin de semana.
O mercado municipal estivo aberto en horario contínuo o sábado e o domin go de 10h a 21h00. Este evento forma parte da programación "Nadal no mercado" que comezou o  sábado anterior coa gravación en directo dende o mercado do programa da Cadena Ser "la guía gastronómica".
O "mercado gastronómico e artesanal" contou cunha sección adicada a gastronomía basada en productos ecolóxicos e artesanais nas que o visitante puido degustar pratos de comida árabe, creppes, porco celta, polbo, conservas, embutidos galegos, mariscos ao vapor e ademáis tamén mercar productos de artesanía de cosmética, de coiro, de pedra,... contouse cun posto de barquillos e houbo queimada no final do día. Un total de 40 postos que dinamizaron a vila do Seixo.
Os postos de gastronomía ubicáronse no 1º andar do mercado municipal, nos seus soportais e ao longo da praza do Seixo e da rúa da Guarda. Na rúa da Guarda, estiveron os 13 comercios de Tomiño que participan no "merca nadal" organizado por ADETO. Estes postos ofertaron productos de textil, calzado, librería, regalo,....
A programación "Nadal no mercado" iniciouse na tarde do venres cos primeirs obradoiros de manualidades promocionado polos praceiros. Nesta ocasión, foi Bacalaos Barcas. Os seguintes obradoiros infantíns serán os días 15 de decembro con "decorar en nadal" promovido por Floristería Montse; e 18 de decembro con "a bola de cristal", actividade promovida por Panadería Morales.
Ademais, contarase con obradoiros de cociña para nenos de 5 a 12 anos. Haberá dúas turnas, unha os días 21, 22 e 23 de decembro e outra, os días 28, 29 e 30 de decembro aos que aínda se poden inscribir.
Os obradoiros de cociña terán un custo de 5€, e os obradoiros de manualidades de 2€ salvo o do día 15 de decembro que será de 3€.
O mercado ademáis, organizará un sorteo co premio de 1.000€ e anuncia que a gravación do programa larpeiros da semana pasada sairá o día 24 de nadal.

 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 12 Decembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones