Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - O Rosal celebrou a XXX Romancha dos Cabaqueiros e as Festas do Pilar

A Praza do Calvario acolleu diferentes propostas musicais, actuacións e representacións dos cabaqueiros

Como é habitual, a representación do oficio dos cabaqueiros coa confección de tellas e ladrillos de barro de xeito artesanal.

Fecha: 13 de Octubre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O Rosal acolleu a XXX edición da Romancha do Cabaqueiro e Festas do Pilar na daordaria do Rosal os días 11 e 12 de outubro de 2017.A Praza do Calvario foi, un ano máis, o lugar elexido para a realización de diferentes actividades durante os dous días de festexos.

Na xornada do 11 de outubro o Grupo Airiños do Folón amenizou a noitiña dende as 21:00h para dar paso despois o grupo folk A Roda e rematar coa orquestra A Oca Band.

O xoves 12 de outubro pola mañá tiña lugar a Misa Solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal con posterior procesión pola Praza do Calvario acompañada pola Banda da Agrupación Musical do Rosal.

Ás 17.30h. tiña lugar a celebración da XXX FESTA DE LEMBRANZA "OS CABAQUEIROS" que comezou coa lectura do pregón a cargo de D. RAFAEL VICENTE FERNÁNDEZ, veciño do Rosal e nado en Novás. Trala lectura do pregón realizouse, como é habitual, a representación do oficio dos cabaqueiros coa confección de tellas e ladrillos de barro de xeito artesanal.

A partir das 19.00h realizáronse diferentes actuacións de baile do alumnado da Escola de baile "Jose y Rosy" do Rosal e a continuación concerto da BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.


Durante os dous días na Praza do Calvario desenvolvéronse demostracións de oficios artesanais: cesteiros, zoqueiro, canteiro, ceramista, e contouse cun stand con productos e exemplos de tella moderna.

EXPOSICIÓNS:

A Sala de Exposicións do Concello do Rosal acolleu unha exposición de debuxos e pinturas do colectivo de alumnos/as dos Cursos Municipais de Pintura do Rosal. Tamén houbo espacio para os traballos de restauración e cadros tridimensionais de Mari Hernández García.


Os visitantes puideron tamén visitar o Centro de Interpretación "OS CABAQUEIROS".

   Fotos de Sara Carrera Coímbra
 

  A Praza do Calvario acolleu diferentes propostas musicais, actuacións e representacións dos cabaqueiros

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones