Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - O Rosal conta cun novo Obradoiro de Emprego

Unha veintena de alumnos participaran durante 6 meses no Obradoiro de Emprego Mercado de San Miguel

Unha veintena de alumnos participaran durante 6 meses no Obradoiro de Emprego Mercado de San Miguel

Fecha: 06 de Octubre de 2016

Fuente: Infomiño.com

O xefe territorial de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, asistiu esta mañá no Rosal á inauguración do obradoiro de emprego "Mercado de San Miguel" que ten como obxectivo mellorar esta infraestrutura e formar a 20 alumnos en carpintería e construción.


Ignacio Rial estivo acompañado polo alcalde da localidade, Jesús María Fernández Portela.


Este obradoiro terá unha duración de seis meses. Durante o periodo de formación a Xunta financiará o soldo dos participantes e a súa contribución á Seguridade Social, así como o dos docentes e o dos administrativos que xestionen o proxecto. Pola súa banda, o concello encargouse da organización directa dos cursos mentres a selección dos profesionais que os levarán a cabo e a relación cos participantes dependeu dunha comisión mixta entre Xunta e o ente comarcal. "Isto pon de relevancia", tal e como subliñou o xefe territorial, "a importancia da colaboración entre institucións".


Ignacio Rial recordou que o obxectivo deste obradoiro é a contratación de desempregados que ademais de recibir un soldo adquiren unha formación teórico-práctica que lle permite acadar un certificado de profesionalidade co fin de obter unha mellor inserción laboral.


Deste xeito, o obradoiro "Mercado de San Miguel" estará dedicado a dúas especialidades: Traballos de Carpintería e Mobles con 10 alumnos e Revestimentos Continuos en Construcción con outros 10. A aportación da administración autonómica é de 180.000 euros. Durante estes meses os alumnos traballarán na renovación das infraestruturas e acados, así como na dotación de norvos servizos e conversión do mercado de San Miguel nun punto de encontró cultural e social en torno a unha compra cotiá e sostible de productos ecolóxicos de produción local.


En total, a provincia de Pontevedra contará con 29 obradoiros. "Cinco destas iniciativas corresponderán a obradoiros para menores de 25 anos que xa, o ano pasado, tiveron unha moi boa acollida", engadiu o xefe territorial.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano máis de 18 millóns de euros aos obradoiros de emprego, incluíndo esta cantidade unha liña de apoio específica aos menores de 30 anos para mellorar a súa inserción laboral. Destes programas mixtos de formación e emprego, cos que se poden acceder aos certificados de profesionalidade, poderán beneficiarse preto de 2.000 desempregados.


A posta en marcha destas iniciativas ven a demostrar a importancia da colaboración institucional entre administracións, que permite poñer en marcha importantes proxectos que loitan contra o desemprego.

 

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 5 de Outubro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Unha veintena de alumnos participaran durante 6 meses no Obradoiro de Emprego Mercado de San Miguel  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones