Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - O VIVEIRISMO XERA EN TOMIÑO UN VOLUME DE NEGOCIO DE 50 MILLÓNS DE EUROS AO ANO

A décimo terceira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño inaugurouse o pasado Sábado en Goián

A décimo terceira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño inaugurouse o pasado Sábado en Goián

Fecha: 04 de Abril de 2016

Fuente: Infomiño.com

A décimo terceira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño inaugurouse o pasado Sábado en Goián, presentando importantes novidades na produción e distribución de planta ornamental e maquinaria especializada, que coñeceron nun stand montado por Acubam, (Asociación de Cultivos do Baixo Miño), entidade organizadora da feira.

A participación de varios viveiros portugueses e doutros puntos de Galicia, constituíu outra das novidades desta edición.

Así o manifestou o presidente de Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), José Cosmed na inauguración oficial da mostra, coa presenza dos alcaldes da comarca, que ano tras ano dan o seu apoio a esta feira, única no seu tipo en Galicia e Norte de Portugal). Ao acto tamén asistiron os deputados provinciais Eva Vilaverde e Uxío Benítez, o alcalde de Allariz e outras autoridades convidadas.
José Cosmed salientou o especial esforzo de internacionalización realizado este ano, para abrir á mostra a expositores lusos e doutras zonas do país. "Esta mostra permítenos por en valor o noso traballo, profesionalizar o sector, mellorar a nosa produción e xerar cada vez máis emprego", indicou.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa banda, definiu a feira coma unha mostra consolidada, única no seu tipo en Galicia, e asegurou que o Concello "non se cansará de loitar por un sector que na actualidade é a columna vertebral da economía tomiñesa".

Neste senso, a rexedora salientou que o sector dos cultivos é a día de hoxe o primeiro na economía local, cun volume de negocio que rolda os 50 millóns de euros ao ano.

A 13ª Mostra de Cultivos contou cunha superficie de 1100 metros cadrados que albergou a unha trintena de empresas produtoras de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e auxiliares do campo.

Entre as actividades complementarias, salientaron as conferencias de hoxe orientadas a profesionais, e os actos do domingo, xa para o público xeral.

Mención especial para a exposición do proxecto escolar "As nosas amigas as plantas", que leva adiante Acubam nos 19 colexios do concello, guiados pola voluntaria e bióloga Patricia Casaleiro.
Tamén é de salientar a exposición de artistas da zona que amosan as súas creacións en pintura e escultura con motivos alusivos á natureza e flora da rexión.

A artista tomiñesa Andrea Pousa brindou o domingo pola tarde, como peche das actividades un concerto moi especial, acompañada pola súa banda e o Bruxo Queiman, presentes tamén no acto de inauguración, durante o cal brindaron un avance do espectáculo consistente nunha "tematización da orixe celta da planta atlántica".

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 2 de Abril de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones