Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DO PROXECTO -CULTIVANDO PAISAXES- EN TOMIÑO

O Concello de Tomiño, a Fundación Xavier Pousa, e ACUBAM, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño poñen en marcha o proxecto Cultivando paisaxes

Se trata dun proxecto a medio e longo prazo, cuxos froitos serán observables nuns catro ou cinco anos

Fecha: 16 de Abril de 2014

Fuente: Infomiño.com

O Concello de Tomiño, a Fundación Xavier Pousa, e ACUBAM, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, presentaron este mediodía o proxecto Cultivando Paisaxes; un proxecto singular cuxo principal obxectivo é crear un corredor verde que identifique ao concello de Tomiño, coma un dos maiores produtores ibéricos de planta ornamental.

A iniciativa consiste, segundo explicaron os presentes, en utilizar as plantas e árbores máis cultivadas na zona, co fin de recuperar espazos degradados nas estradas principais do concello, e dar a coñecer ao mesmo tempo, a produción do sector. "Un sinal de identidade, un camiño máis humanizado que pode atraer turismo e mellorar a percepción do territorio grazas á colaboración pública e privada".

Presidiron a presentación, celebrada na Casa do Concello de Tomiño, a alcaldesa Sandra González, o vicepresidente da Fundación Xabier Pousa, José Antonio Rodríguez Palacio, e o presidente de Acubam (Asociación de Cultivos Baixo Miño), José Cosmed. Estiveron presentes tamén Zara Pousa, filla do pintor e membro da fundación, e Nacho Saa, membro de Acubam.

A primeira actuación, das tres previstas para esta primavera, está en marcha na estrada da ponte internacional, en Goián. Búscase un cambio radical nesta vía que é punto de entrada de visitantes e lugar de paseo para a veciñanza das dúas beiras.
Hoxe mesmo comeza a colocación na beirarrúa de 85 árbores, 55 liquidámbar, 14 cornus e 16 arces negundo. Mantéñense quince das existentes. Na outra beira, plantaranse cincocentos arbustos de dúas cores.

Un novidoso sistema que conduce as raíces da árbore baixo a terra evitará que ó crecer rompan a beirarrúa e ocasionen gastos de reposición.
Deseguido, vaise actuar en dous puntos estrada PO-552, en Forcadela e en Sobrada. Crearanse dous novos espazos verdes en lugares degradados.

A alcaldesa de Tomiño salientou o traballo conxunto das tres entidades implicadas no proxecto, o cal permite avanzar máis de presa e abaratar custes.
A rexedora local explicou que, hai case un ano, a Fundación Xavier Pousa presentou o anteproxecto ao Concello de Tomiño e a ACUBAM, e que dende entón, os tres organismos sumaron esforzos nun proxecto a longo prazo.

Grazas á doazón de árbores e plantas e a asesoría técnica de ACUBAM, aos deseños e proxectos técnicos da Fundación Xavier Pousa, e a achega de man de obra, materiais e maquinaria do Concello de Tomiño, o custe real de restaurar estes tres primeiros espazos é inferior ao presupostado. "O Concello vai investir 15.000 euros, pero se lle sumáramos o prezo das árbores, o proxecto paisaxístico, a retirada de asfalto, drenaxes, traslado de terra e persoal para a plantación, o proxecto ascendería a máis de 120.000 euros", comentou, agradecendo tamén ás comunidades de montes das parroquias, que ofreceron a súa colaboración.

José Palacio, da Fundación Xavier Pousa, sinalou que entre os obxectivos da entidade está o de custodiar os valores que defendía o artista goianés, entre eles, o de conservar a paisaxe que tantas veces inmortalizou nas súas obras. "Parécenos importante tamén, amosar o que se produce nos viveiros do municipio e que se fixera dun xeito cooperativo e desinteresado", explicou.

Nacho Saa, de Acubam, comentou pola súa banda, que dende un principio, o proxecto pareceulles moi importante e non dubidaron en prestar o seu apoio, a través da doazón de plantas autóctonas e asesoramento técnico, lembrando que se trata dun proxecto a medio e longo prazo, cuxos froitos serán observables nuns catro ou cinco anos.

Galería Fotográfica de Infomiño Noticias Fotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí