Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A XIII MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO

O evento contará coa participación de artistas locais, coma a vocalista Andrea Pousa

O evento contará coa participación de artistas locais, coma a vocalista Andrea Pousa

Fecha: 31 de Marzo de 2016

Fuente: Infomiño.com


A décimo terceira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño presentará importantes novidades na producción e distribución de planta ornamental, maquinaria especializada, abríndose ademais á participación do país veciño, coa participación, por vez primeira, de varios viveiros portugueses.

Así o manifestou o presidente de Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), José Cosmed na presentación oficial da mostra, celebrada en Goián (Tomiño). O directivo salientou o especial esforzo de internacionalización realizado este ano, para abrir á mostra a expositores lusos e doutras zonas do país.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañou ao directivo de Acubam na presentación do evento, así coma outros membros da asociación, do goberno local e a artista tomiñesa Andrea Pousa, quen pechará a mostra deste ano cunha actuación musical. A rexedora local achegou datos de interese sobre o sector e o que representa para a economía tomiñesa, e lembrou a colaboración incondicional do Concello nas iniciativas dos agricultores.

Segundo informaron os responsables da organización, na actualidade o sector dos cultivos é o primeiro na economía local, cun volume de negocio que rolda os 50 millóns de euros ao ano. A vide, o kiwi e a planta ornamental concentran a maioría da producción da zona (unhas 400 hectáreas) actuando como un gran xerador de emprego (500 postos de traballo directos e 250 indirectos, dos cales un 80% é feminino).

A 13ª Mostra de Cultivos celebrarase a vindeira fin de semana (2 e 3 de abril) no Pavillón dos Deportes de Goián. Unha superficie de 1100 metros cadrados que albergará unha trintena de firmas do sector da planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo.

Entre as actividades complementarias, os organizadores salientaron principalmente as conferencias do día sábado (xuntamos programa), orientadas a profesionais, e os actos do domingo, para público xeral, entre as que figuran a exposición do proxecto escolar "As nosas amigas as plantas", que leva adiante Acubam nos 19 colexios do concello, con 250 nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade.
Tamén de salientar á a exposición de artistas da zona que amosarán as súas creacións en pintura e escultura.

Mención aparte para o concerto que a artista tomiñesa Andrea Pousa brindará o domingo pola tarde, como peche das actividades. Na ocasión, estará acopañada pola súa banda e o Bruxo Queiman, ambos presentes na rolda de prensa de hoxe, onde explicaron que farán unha "tematización da orixe celta da planta atlántica".

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 30 Marzo 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

  O evento contará coa participación de artistas locais, coma a vocalista Andrea Pousa

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones