Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Tomiño acolleu unha Xeira do IEM sobre as pegadas na paisaxe. Ouro, toponimia, mámoas e garranos

Tivo lugar o pasado xoves 4 de xullo a primeira xeira de verán polo concello de Tomiño, As pegadas na paisaxe.

Tivo lugar o pasado xoves 4 de xullo a primeira xeira de verán polo concello de Tomiño, As pegadas na paisaxe.

Fecha: 09 de Julio de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O pasado xoves día 4 de xullo tivo lugar a primeira xeira de verán no concello de Tomiño, As pegadas na paisaxe. Ouro, toponimia, mámoas e garranos, dentro do programa das xeiras de verán 2019 do IEM, e coa colaboración deste concello, que foi guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira e Xilberte Manso de la Torre.

O  Xoves, 4 de xullo foi primeira das máis de 12 xeiras que o IEM organiza este verán no Val de Miñor, Tomiño e Gargamala (Mondariz). Serán pola beira do mar e pola "alta montaña" da Serra da Groba, de día e de noite, a pé, por terra e a bordo dun barco polo mar de Baiona e Panxón. É unha xeira extra na freguesía de Gargamala onde o IEM desenvolveu os traballos de prospección, limpeza, xeolocalización e rexistro fotogramétrico 3d da arte rupestre afectada polo lume do 4 e 5 de outubro de 2018. Comezamos os traballos en novembro de 2018 con medio cento de superficies catalogadas e hoxe achegámonos a 180 petróglifos logo dunha prospección intensiva e a restauración de superficies en Campo Redondo e na Ladeira de Escornabois.

Esta primeira xeira de Pinzás en colaboración con concello de Tomiño xira ó redor do patrimonio natural e cultural desta parroquia coa que o IEM vai rematar neste 2019 a recollida da toponimia e a prospección arqueolóxica e etnográfica do territorio. Unha parte deste traballo conxunto coa Comunidade de Montes de Pinzás foi amosado ó longo da visita que saíu da Casa de Montes cara As Presas de Cuveliñas, pararemos no lugar mortuorio da Casiña do Ouro, lembraronse os topónimos da terra nomeada, ollaronse os marcos do concello e freguesía, as minas auríferas romanas e a grea de garranos da Chan da Poza.
Como o ano pasado todas as visitas son tamén interpretadas en lingua de signos.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 Tivo lugar o pasado xoves 4 de xullo a primeira xeira de verán polo concello de Tomiño, As pegadas na paisaxe.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones