Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO DECLARA ESTE DOMINGO AO PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ -FILLO PREDILECTO- DA VILA

O acto celebrarase este domingo (16 de febreiro) ás 19.30 horas, no Auditorio de Goián. A presentación aos medios de comunicación tivo lugar esta mañá

Fecha: 13 de Febrero de 2014

Fuente: Infomiño.com / Concello Tomiño

O espírito do pintor goianés Antonio Fernández segue vivo. Mostra disto é o cariño que lle amosan os seus veciños e veciñas a título póstumo; cariño e admiración que quedou de novo patente nun novo acto conmemorativo adicado ao artista: o seu nomeamento coma Fillo Predilecto de Tomiño.
A presentación do acto-homenaxe que fará oficial, o vindeiro domingo, o devandito nomeamento, tivo lugar esta mañá no Auditorio de Goián. Participaron nesta presentación aos medios de comunicación, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Patrimonio e veciño de Goián, Uxío Benítez, arroupados na oportunidade polos membros da Comisión Antonio Fernández, formada a instancias do Concello, e na que están incluídas distintas asociacións, colectivos e veciños vencellados a Goián ou á figura do insigne pintor (Agrupación Musical de Goián, CEIP Pintor Antonio Fernández, asociación de veciños e comunidade de montes de Goián, etc.).
Atopábase tamén o actor Suso Pando que será o presentador do acto do domingo, participando asemade na representación teatral que sobre a vida de Antonio Fernández terá lugar ese mesmo día, a cargo do grupo Fulano, Mengano e Citano, do que forma parte.
Uxío Benítez explicou aos medios a dinámica do acto do vindeiro domingo (19.30 horas, no auditorio), informando que haberá en primeiro lugar, unha parte institucional, na que se fará oficial o nomeamento de Fillo Predilecto, pasando logo ao espectáculo teatral, con guión e dirección de Suso Pando e Manuel Pombal.
A representación contará con acompañamento musical, a cargo dos profesores da Agrupación Musical de Goián, que interpretarán unha banda sonora con variacións, creada especialmente por Andrés Álvarez, compositor, profesor e vicepresidente da agrupación musical goianesa.
A alcaldesa, pola súa banda, lembrou que o acto coincide co 132 aniversario do nacemento do pintor, e que vén a pechar un ciclo de actos englobados no que foi o Ano Antonio Fernández. Adiantou que, de todos modos, o traballo conmemorativo seguirá levándose a cabo no tempo, con iniciativas coma a apertura da Aula Antonio Fernández, que reunirá nas escolas vellas, obxectos persoais e algunhas obras, debuxos, cadernos e libros do autor. Asemade, agradeceu aos veciños a súa entrega para dar a coñecer ás novas xeracións a figura de A. Fernández, dende a súa dimensión persoal, artística e filántropa.
Por último, anunciou que tras o espectáculo teatral, proxectarase un vídeo conmemorativo no que participaron os 170 alumnos e alumnas do colexio goianés.
A entrada ao Auditorio de Goián será libre e gratuíta, ata completarse o aforo.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones