Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Tomiño e Cerveira acometerán tres proxectos comúns cun orzamento transfronteirizo

Os cidadáns terán que votar para elixir tres proxectos (entre seis) das áreas de Cultura, Educación e Acción Social

Os cidadáns terán que votar para elixir tres proxectos (entre seis) das áreas de Cultura, Educación e Acción Social

Fecha: 26 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Durante un mes, os cidadáns de Tomiño e Vila Nova de Cerveira poderán escoller mediante votación telemática, tres proxectos de cooperación de entre seis que serán presentados para a súa escolla.

Así o revelaron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Cultura de Cerveira, Aurora Viaes, durante a presentación do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño 2017, celebrada este mediodía no Concello tomiñés.

O OPT é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Norte de Portugal /Galicia, que ten coma obxectivo involucrar aos cidadáns dos dous concellos veciños, na formulación de solucións para necesidades comúns. Dotado de vinte mil euros (20.000€), financiados ao 50% polas dúas cámaras municipais, servirá para costear os proxectos acometidos conxuntamente, tras a votación popular.

 

 

Segundo explicaron, os proxectos de cooperación que se someterán a votación, son resultado da actividade desenvolta durante varios meses polos grupos de traballo transfronteirizos (áreas de Educación, Cultura e Acción Social), nos que participaron unhas 40 entidades e persoas de ambas marxes).

A alcaldesa de Tomiño lembrou que esta "é unha experiencia piloto contida na Axenda Estratéxica no programa de "Promoción da participación pública e de Cidadanía Transfronteiriza",  polo cal os concellos de Cerveira e Tomiño decidiron apostar por un mecanismo de participación cidadá, en prol da consolidación do intercambio existente e da constante mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns". 

Aurora Viaes, pola súa banda, referiuse ao espírito de cooperación coma "un obxectivo prioritario dos nosos gobernos e que nos permite, ademais da integración, aproveitar recursos e non repetir actuacións innecesariamente". 

Quen e como pode votar?

O OPT abrangue os territorios de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño, polo tanto, poderán votar os cerveirenses e tomiñeses, maiores de 18 anos, e que sexan votantes nalgún dos dous concellos.

Para que o proceso transcorra con normalidade e transparencia, os municipios adheriron a unha plataforma internacional de rexistro e votación (participacerveiratomiño.eu), onde as persoas interesadas deberán efectuar o rexistro con seus datos e número de DNI, a partir do día 10 de novembro e até o 10 de decembro. 

Haberá seis propostas para votación distribuídas polas tres áreas prioritarias e serán concretadas as tres máis votadas, unha por cada área:

  • Educación

 - Semana da Comunidade Educativa Cerveira-Tomiño 2017.

 - 1º Campus Deportivo e Educativo Cerveira-Tomiño.

  • Cultura

 - Festa Amizade Cerveira-Tomiño. 

 - Encontro de Creatividade Cultural e Música do Miño.

  • Acción Social

 - Programa de Voluntariado de Apoio á Inclusión Social Infantil e Xuvenil.

 - Accesibilidade Sen Fronteiras: Programa transfronteirizo para a información, apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade.

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 25 de outubro de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Os cidadáns terán que votar para elixir tres proxectos (entre seis) das áreas de Cultura, Educación e Acción Social  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones