Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO E CERVEIRA ORGANIZAN A NOVENA EDICIÓN DO TRIATLÓN DA AMIZADE

A proba, que terá lugar o vindeiro domingo, foi presentada hoxe no Concello de Tomiño polos representantes dos municipios fronteirizos e equipo directivo da Federación Galega de Triatlón (FEGATRI)

A proba, que terá lugar o vindeiro domingo, foi presentada hoxe no Concello de Tomiño polos representantes dos municipios fronteirizos e equipo directivo da Federación Galega de Triatlón (FEGATRI)

Fecha: 16 de Septiembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

 

 

O Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira presentaron esta mañán a novena edición do Triatlón da Amizade que se celebrará este domingo día 20 de setembro.


O triatlón da Amizade é unha probra deportiva organizada de xeito conxunto por ambos concellos e polas federacións deportivas de ambas marxes. Este ano é a novena edición na que se agarda pasar dos 200 deportistas inscritos.

Como en anos anteriores, a competición terá unha proba infantil (de 9 a 16 anos) con percorridos adaptados e saída nas inmediacións do parque do Castelinho sobre as 11h30 da mañá. Este ano é a quinta edición desta proba adaptada aos máis pequenos que conta coas categorías de alevín, infantil e cadete.

Pola tarde, ás 15.45 horas (hora galega) terá lugar a saída da proba principal dende o Espazo Fortaleza (Goián). Os atletas terán que nadar polo río ao longo de 750 metros ata chegar á primeira zona de transición situada na Praia do Castelinho (Vila Nova de Cerveira). A continuación terá lugar a proba de bicicleta, que transcorrerá nas inmediacións do casco urbano de Cerveira, cunha distancia total de case 20 km.


Por último, os deportistas chegarán novamente a Goián, a través da Ponte Internacional da Amizade, e comezarán a última etapa da proba, a carreira a pé, a través de 5 km no entorno do Espazo Fortaleza onde estará situada a meta.

A presentación desta IX Triatlón da Amizade 2015, tivo lugar esta mañá, na Casa do Concello de Tomiño, coa presenza dos concelleiros de Tomiño de Planificación Territorial, Facenda e Proxectos Estratéxicos, Uxío Benítez, o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso e o Vice-Presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira, Vitor Costa. Ademáis, estiveron presentes dous representantes da Federación Galega (FEGATRI) de Triatlón, Francisco Villanueva e Lorena García.

O concelleiro de Proxectos estratéxicos, Uxío Benítez, destacou "o traballo conxunto que vimos levando a cabo con Cerveira con programas culturais e deportivos que poñen a ambas vilas nun punto de referencia. De feito, a semana pasada celebramos conxuntamente as Olimpiadas Interxeneracionais froito dunha candidatura a programas europeos e esta semana, novamente cultura e deporte veñen sendo premiados grazas a outro novo proxecto."


O Concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, asegurou que a proba deportiva "está totalmente consolidada e é un punto de encontro importante entre os pobos das nosas vilas, constituíndo xa unha referencia deportiva e de cooperación transnacional na zona".


Pola súa banda, Fernando Costa, Vice- presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, engadiu " a importancia do traballo e da ligazón da ambos concellos que ademáis como comentou uxío Benítez, son reafirmados pola Europa e teñen sido obxecto de inclusión en programas europeos".


Francisco Villanueva de FEGATRI, explicou que o Triatlón da Amizade é unha das probas máis singulares nas que traballa a federación, polo seu carácter transnacional, o que aporta unha riqueza e atractivo engadido á competición.


Ambos concellos agradeceron a colaboración dun centenar de voluntarios e voluntarias de ambos os lados da fronteira, así como das forzas de Protección Civil, Bombeiros, Mariña, policía, etc., que colaboran habitualmente para garantir o desenvolvemento correcto da competición.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 15 Setembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones