Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO E VILA NOVA DE CERVEIRA ACOLLEN A CELEBRACIÓN DOS XXVII XOGOS GALAICO DURIENSES

Os organizadores consideran o deporte universitario como modelo de cooperación transfronteiriza

Fecha: 20 de Noviembre de 2013

Fuente: Infomiño.com / Concello Tomiño

O evento foi inaugurado este mediodía no Auditorio de Goián (Tomiño) polas autoridades locais, acompañadas polos representantes das seis universidades participantes

Os concellos fronteirizos de Tomiño e Vilanova de Cerveira, acollen dende onte a celebración dos XXVII Xogos Galaico-Durienses.

Este evento deportivo universitario, que porá en competición a 200 deportistas seleccionados (estudantes, docentes e outro persoal) pertencentes ás seis universidades públicas da Eurorrexión: Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Trás-os-Montes e Alto Douro, Minho e Porto, foi inaugurado este mediodía no Auditorio de Goián.

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen deu a benvida a todos os participantes, salientando a valor da convivencia co país veciño, e desexándolles unha estadía proveitosa.

Juan Lirón, director AECT Galicia-Norte de Portugal, explicou que o obxectivo destas xornadas é a cooperación transfronteiriza, nunha áreas estratéxica coma o deporte.

O director da Fundación CEER, Rubén Lois, pola súa banda, subliñou que un dos fins da entidade que preside, e que engloba ás seis universidades participantes, é organizar eventos que vinculen a persoas e organismos dun e outro lado da fronteira. Salientou neste sentido, a importancia de recuperar nesta XXVII edición, a participación dos seis centros educativos superiores de Galicia e Norte de Portugal.

O acto contou tamén con representantes da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira e das universidades participantes nos xogos, así coma coa presenza dos responsables das áreas de Deportes de cada localidade.


Organización
Cada unha das delegacións universitarias estarán formadas por 33 deportistas e técnicos, que competirán nas modalidades de baloncesto, fútbol sala e xadrez.
A XXVII edición dos Xogos Galaico-Durienses está organizada pola Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), ambas entidades dedicadas á cooperación transfronteriza Galicia-Norte de Portugal, xunto con seis universidades públicas de Galicia e do Norte de Portugal (universidades de Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro, Vigo, Minho, Porto e A Coruña), o Concello de Tomiño e a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira. Tamén o grupo galego Gadisa, decidiu apoiar este vento co seu patrocinio.

Programa
Os XXVII Xogos Galaico Durienses iniciáronse onte, ás dez da mañá, co Seminario de Deporte Universitario "O deporte universitario na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Liñas estratéxicas, orientacións e principais desafíos entorno a Estratexia Europa 2020", celebrado no propio auditorio. No seminario participaron representantes dos servizos e titulacións deportivas das seis universidades públicas da Eurorrexión, xunto cos representantes de deporte das corporacións municipais de Tomiño e Vilanova de Cerveira. Un encontro que foi moderado polo profesor Manuel Janeira, Pró-Reitor de Cultura, Desporto e Lazer da Universidade do Porto.

Á unha da tarde, hora española, celebrouse o acto de inauguración, para dar paso, a partir das catro da tarde, ao inicio da competición deportiva na modalidade de fútbol sala, no Poliderpotivo de Goián. Á mesma hora dará comezo no Polideportivo de Vilanova de Cerveira, a competición na modalidade de baloncesto.

As competicións do día 19 prolongáronse até as dez da noite (hora española), continuando o día 20, até as dúas da tarde (hora española), momento no que está prevista nas instalacións do Pavillón Municipal de Vilanova de Cerveira, a entrega de trofeos aos gañadores das disintas modalidades deportivas.

No mesmo pavillón, posterior á entrega de trofeos, celebrarase a Cerimonia de Clausura desta edición dos Xogos Galaico Durienses; acto ao que asistirán o Secretario de Estado do Desporto e Juventude de Portugal, o Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, o Presidente da Fundación CEER e Reitor da Universidade do Minho, a alcaldesa de Tomiño, o presidente da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, e representantes institucionais das seis universidades participantes.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones