Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO INAUGURA UN MODERNO E DINÁMICO MERCADO MUNICIPAL

A inauguración levouse a cabo o pasado Sábado día 20 de Decembro de 2014

O novo Mercado de Tomiño é un espazo moderno e cheo de vida, que ademáis conta cunha ampla oferta de productos e servizos nun marco incomparable.

Fecha: 22 de Diciembre de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado Sábado día 20 de Decembro de 2014 tiña lugar a inauguración das obras de mellora do Mercado Municipal de Tomiño, contando coa presenza dun nutrido grupo de praceir@s, a alcaldesa de Tomiño e parte da corporación local, a Directora Xeral de Comercio, o Conselleiro de Economía e Industria, así coma representantes de asociacións e colectivos da vila e numerosas persoas que non se quixeron perder este evento, que pon un antes e un despois no Mercado Municipal de Tomiño.
 
Recuperar os vellos mercados como espazos de encontro da xente que aposta polos produtos locais, sanos e de calidade. Fronte á decadencia dos mercados tradicionais, Tomiño reaccionou, transformando debilidades en fortalezas; convertendo este espazo nun escaparate local, un lugar onde atopar os mellores produtos da zona. O novo Mercado de Tomiño é un espazo moderno e cheo de vida, que ademáis conta cunha ampla oferta de productos e servizos nun marco incomparable.

Nesta segunda fase das obras acondicionouse a planta baixa do edificio, dotándoo de todos os servizos (saneamento, instalación eléctrica, ventilación, etc.) necesarios para o seu correcto funcionamento. Deste xeito, as obras incluiron a creación dun novo chan, o acondicionamento total dos postos e unha disposición máis funcional do espazo existente.

Nesta segunda fase, investíronse 210.000 euros, que veñen a sumarse aos 270.000 da 1ª fase.

Cada vez son máis os pequenos produtores que elaboran produtos de calidade, saudables e na nosa terra. Os mercados son un estupendo escaparate e punto de venda para estes produtos... novos emprendedores o produtores benefícianse xa deste proxecto, e a oferta de postos de venda neste mercado continúa aberta.

Os praceiros do mercado de Tomiño contan xa cun novo e rehabilitado espazo e ademáis contaron cun asesoramento técnico fundamental, con intercambios de experiencias coma a visita ó mercado do bom susseso en oporto, dentro da formacion (méntoring) que recibiron, impartida pola empresa Rural Consulting.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 20 Decembro 2014
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones