Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Tomiño pide á valedora do pobo a eliminación dos glifosatos e un mellor transporte ao Cunqueiro

Milagros Otero escoitoi as queixas veciñais no Salón de Plenos do Concello

Milagros Otero escoitoi as queixas veciñais no Salón de Plenos do Concello

Fecha: 24 de Mayo de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Rematar coa práctica de botar glifosato (herbicida utilizado para o control das malas herbas nos parques e zonas verdes) nas cunetas do concello e conseguir un transporte público ao Hospital do Cunqueiro, foron as dúas reclamacións máis importantes que fixo a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada por parte do seu equipo, á valedora do pobo, Milagros Otero Parga, durante a xuntanza que mantiveron este mediodía na Casa do Concello.

A rexedora local aproveitou a ocasión tamén para reclamar axuda para a prevención de lumes, e extinción de niños de vespa asiática; temas nos que o concello se atopa "desbordado", por falta de medios e de persoal, e que ademais exceden a súa competencia.

A valedora, pola súa banda, ofreceuse a avanzar en temas de transparencia e interesouse polo funcionamento da Sanidade e dos Servizos Sociais do Concello.

A funcionaria agradeceu a boa acollida do Concello de Tomiño e afirmou que a súa visita tiña coma fin "porlle cara á institución e traballar para a xente non para facer política". "Non somos unha oficina burocrática; estamos para atender ás persoas", salientou.

A valedora asistiu á reunión acompañada polo seu adxunto, Pablo Cameselle Martínez, con quen recorreu o Mercado Municipal, trala visita ao Concello.

Pola tarde, a valedora atendeu ás reclamacións e queixas que a veciñanza quixo realizar. Cidadáns en xeral e representantes de asociacións, coma Vontade, para persoas con discapacidade, aproveitaron para achegarse até o Salón de Plenos e facerlle algunha consulta.
   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 
Milagros Otero escoitoi as queixas veciñais no Salón de Plenos do Concello  
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones