Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO PON EN VALOR O LEGADO DO PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ

O pasado Venres foi presentado no Centro Goianés o programa de actividades promovidas pola Comisión Antonio Fernández

Fecha: 24 de Agosto de 2013

Fuente: Infomiño.com

Antonio Fernández Gómez, 1882-1970, naceu en Goián (Pontevedra), e formouse no Brasil, país ao que emigrou de mozo. Con respecto á súa pintura e segundo Santiago Ramón y Cajal ("El Mundo visto a los ochenta años"): "Son de encomiar por belleza y fidelidad a la honrada pintura tradicional, los paisajes de Fernández Gómez".
 
Dende o pasado mes de Maio, varias asociacións e colectivos vencellados á parroquia tomiñesa de Goián, e máis o Concello e un grupo de veciños e veciñas, decidiron constituír a Comisión Antonio Fernández, co fin de recompilar e difundir o traballo artístico dun pintor sen o recoñecemento social, artístico e persoal merecido.

Na mañá do Venres día 23 de Agosto de 2013 foi presentado no Centro Goianés, símbolo da vida cultural e veciñal da parroquia,  o programa de actividades a levar a cabo pola Comisión A. Fernández enmarcados dentro do "Ano Antonio Fernández. 2013-2014", a modo de homenaxe póstumo.

Presidiu o acto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada do concelleiro de Urbanismo e Patrimonio, Uxío Benítez, e dunha vintena de representantes dos grupos e asociacións, implicadas na comisión organizadora (Comunidade de Montes de Goián, Asociación de Veciños de Goián, Centro Goianés, Comunidade de Usuarios de Augas de Goián, Asociación Cultural Eliseo Alonso, Cineclube Poleiro, Asociación Xuvenil Taíña, Fundación Xavier Pousa, Fundación Xoán Piñeiro, Agrupación Musical de Goián, Goián Fútbol Club, Colexio Pintor A. Fernández de Goián, ADETO (Asociación de Comerciantes de Tomiño) e Concello).

A rexedora tomiñesa deu lectura a un manifesto a través do cal, explicou as orixes da iniciativa e o propósito dos colectivos participantes. "Os obxectivos desta Comisión A. Fernández, serán recompilar, clasificar e difundir o traballo artístico do pintor, valorizar a súa faceta humanista, filántropa e social, para evitar que a súa figura caia no esquecemento", apuntou González.

Ademais, a alcaldesa referiuse á existencia dunha débeda histórica por parte das institucións públicas co pintor, cuxa casa e taller foron derrubados, aínda cando Fernández donou os terrenos para construir a escola de Goián.

Tamén interviron Uxío Benítez e algúns membros da comisión, para deixar claro que o motivo que lles une é o mesmo; investigar e documentar a produción artística de Fernández, así coma outros aspectos da súa vida social e persoal, coa finalidade de rescatar e visibilizar a figura do insigne pintor.

José Manuel Villa "Mané", explicou que el, a título particular, adquiriu no seu momento, varios obxectos persoais de Antonio Fernández, que agora quere compartir cos seus convenciños. Entre os membros da organización, atopábase tamén Clementina Ozores, amiga do pintor e acompañante do mesmo en moitas das excursións arqueolóxicas e de observación da natureza que o artista acostumaba a facer.

O Ano Antonio Fernández, comprende unha ampla serie de actos e actividades, que se inician o vindeiro domingo, 25 de agosto, co I Certame de Pintura ao aire Libre Antonio Fernández, no entorno do Espazo Fortaleza.

Outras das accións emprendidas pola organización foi a creación dunha Bolsa de investigación co fin de recoller e organizar toda a información existente sobre o pintor, así coma testemuñas de xente que lle coñeceu e pode aportar novos datos. A creación dunha "Aula-Museo" nas vellas escolas e a Exposición Antonio Fernández, pintor de tres mundos" (comisionada polo crítico de arte Carlos L. Bernárdez), no Centro Goianés entre o 4 e o 20 de outubro, son outras das actividades que se levarán a cabo.

Asemade, haberá máis actos conmemorativos, coma unha viaxe ao Museo Provincial de Lugo, un ciclo de cine e un homenaxe musical, esistindo tamén a intención de nomear ao pintor "Fillo Predilecto a título póstumo".

O primeiro dos actos programados é o I Certame de Pintura ao Aire Libre, que se celebrará este domingo en Goián, entre as 9.30 e as 18 horas. A alcaldesa adiantou que xa son trinta os aspirantes que queren participar, tendo que presentar as súas obras, entre as 17.00 e as 18.00 horas no Espazo Fortaleza.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

VIDEOS

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones