Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Trinta viveiros de Galicia e Norte de Portugal participan esta fin de semana na XIV Mostra de Cultivos do Baixo Miño

Os produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo, aproveitarán, coma cada ano, para dar a coñecer a súa produción

As actividades lúdicas e recreativas, así coma as xornadas técnicas, son outros puntos fortes desta 14ª edición

Fecha: 03 de Marzo de 2017

Fuente: Infomiño.com

Hai xa 14 anos, viveiristas de Tomiño comezaron, xunto ao Concello, a organizar unha feira de cultivos, onde fora posible reunirse e presentar o resultado do seu traballo, as novidades do sector, as innovacións... Despois de moito esforzo loxístico, institucional e empresarial, a Mostra de Cultivos do Baixo Miño, converteuse nun evento de referencia en Galicia e Norte de Portugal.

Este mediodía tivo lugar a presentación da XIV edición no Auditorio de Goián, xunto ao cal se atopa o Pavillón Multiusos, onde ten lugar o evento. No acto compareceron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; a presidenta de acuBam (Asociación de Cultivos do Baixo Miño), Patricia Rodríguez; o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione e representantes da asociación e de distintos viveiros presentes na Mostra.



A alcaldesa reiterou o apoio incondicional do Concello á Mostra de Cultivos, e rememorou os comezos da feira, cando uns cantos viveiristas da zona, quixeron dar a coñecer o que é hoxe o motor económico do municipio. Asemade, anunciou que a inauguración (sábado 4 de marzo, ás 12.30 horas) contará coa presencia da Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias agroalimentarias, Belén María do Campo Piñeiro e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ademais de deputados provincias, alcaldes da comarca, etc.


A presidenta de acuBam, pola súa banda, agradeceu o traballo de organizadores e colaboradores para que a Mostra, na que participan máis de 30 expositores, sexa hoxe un punto de encontro do sector, coas últimas novidades en planta ornamental, flor cortada, maquinaria do campo, etc. Neste senso, agradeceu especialmente a colaboración económica e loxística do Concello, que fai posible a celebración do evento. Patricia Rodríguez referiuse ademais á labor de sensibilización que se vén facendo nos últimos anos, co proxecto didáctico "As nosas amigas, as plantas", co fin de amosar o mundo da agricultura a máis de 600 escolares do concello.

 


Seguidamente, a presidenta da asociación, referiuse ao programa desta edición, dentro do cal salientou as xornadas técnicas do sábado e as actividades lúdicas e recreativas do domingo.


Por último, agradeceu a presencia na Mostra de colaboradores coma Agaexar, Iberflora ou o Concello de Allariz, organizador do Festival Internacional de Xardíns, así coma a de A participación de varios viveiros portugueses e doutros puntos de Galicia.

Óscar Vaquero, secretario de acuBam, salientou a labor de innovación que están a levar a cabo dende a asociación e que consideran fundamental para o crecemento do sector na comarca. Neste senso comentou que o stand de innovacións será un dos máis importantes nesta edición, con 11 proxectos presentados en temas de filtración de augas, planta ornamental e maquinaria específica, entre outros.


Entre os obxectivos xerais dos organizadores está, segundo explicou Vaquero, o de seguir criterios sostibles nas súas producións, con boas prácticas agrícolas e lograr unha conexión co entorno máis próximo, participando en proxectos educativos para a infancia e mocidade.

Este ano o comité organizador decidiu adiantar a celebración da 14ª edición ao sábado 4 e domingo 5 de marzo (habitualmente facíase en abril) co fin de facilitar a asistencia de público profesional, nunhas datas que non son de plena campaña para o sector verde.


A décimo terceira edición pechou as súas portas coa visita de máis de 3000 persoas e un incremento do volume de negocio e contactos comerciais superior ao 40%, con respecto ao ano anterior; cifras que a organización agarda superar esta fin de semana.

 

PROGRAMA
SÁBADO 04 de marzo 2017

9:30 h. Apertura

10:00h - 11:45 h. Debate aberto
Realidade do sector hoxe
Antón Vázquez Caamaño (Inspector de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia)
José Collazo (Xerente de Viveiros Río Tollo)
Venancio Outeda (Xerente do centro de xardinería O Piñeiro)
Emilio Estévez (Xerente de Coplant)

12:00 - 12:15 h. Plan Estratéxico
Presentación do "Plan Estratéxico e operativo para a mellora da competitividade e valorización dos sectores planta ornamental e flor"
José Collazo (equipo técnico de acuBam)
Bea Covela (equipo de comunicación de acuBam)

12:30 h. Acto de inauguración oficial da Mostra 2017

16:30 - 18.00 h. Conferencia
"Presente e futuro da xardinería"
Íñigo Segurola (Dirección, realización e presentación da sección de xardinería no programa BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2).

16:00 h. II Xornadas técnicas formativas da auga
"Adaptación das TIC´s ás comunidades de usuarios/as". Rafael Carrera
"Funcionamento, eficacia e innovación da nano filtración". Gregory Travaille
"Lámina de forrado para instalacións de auga de consumo humano". Cristóbal López

18:15 h. acuBam Innovación 2017
Stand de novidades que promoven a competitividade e mellora empresarial do sector

DOMINGO 05 de marzo 2017

10 h. Apertura

11:00 - 13:30 h. Exhibición poda en altura
Cerne arboricultura

11:30 h. Presentación As nosas amigas as plantas IV
Exposición dos traballos realizados polos escolares durante o proxecto educativo "As nosas amigas as plantas IV".

12:00 h. Conferencia
"Plan revitaliza, xestión de materia orgánica mediante a compostaxe"
María Martínez Abraldes

16:30 - 18:30 h. Exhibición poda en altura
Cerne arboricultura

17:00 h. Demostración
"Pasión por el verde"
Íñigo Segurola (Dirección, realización e presentación da sección de xardinería no programa BRICOMANÍA e DECOGARDEN en Tele 5 e TVE 2).

Durante toda a xornada:
- Exposición de arte coa temática do sector.
Artistas da comarca do Baixo Miño. Pintura: Orlanda Gomes, Jose Luis Rodríguez, Naa Martínez, Freda Mills P, Libia Domínguez. Escultura: Luis 7, Xuxo Malone, Adrián Pena I, Ignacio Moure.

- Actividades infantís:
Bus de Reciclaxe Ecoembes
Inchable
Gran xogo de reciclaxe
- "As plantas cóntanos os seus segredos"
Paseo guiado polo alumnado do ciclo forestal do IES Tomiño. Participación aberta ao público xeral.

19:00 h. Acto de clausura oficial da Mostra 2017
Presidenta de acuBam, viveiristas, colaboradores e autoridades políticas

 

 

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 3 de marzo de 2017

 

 
www.infomiño.com © 2017. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Os produtores de planta ornamental, flor cortada, fruticultura e empresas auxiliares do campo, aproveitarán, coma cada ano, para dar a coñecer a súa produción  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones